VANGARDISMO E IDENTIDADE, AVANT-GUTTER

EEUU, anos 60. Dada falta de diversidade na creación de fílmica, activistas universitarios poñen presión nas escolas de cine para que estas acepten máis estudantes de color. A Universidade de California en Los Ángeles (UCLA) introduce entón o programa ethno-communications, unha iniciativa que promove a admisión de estudantes non só negros, senon tamén latinos e asiáticos. Mais é especialmente destacable o número de realizadores negros que xorden desta iniciativa, entre os que se atopa Charles Burnett, cineasta ao que se rinde homenaxe na sección Avant-gutter do Play-Doc este ano.

A Universidade de California en Los Ángeles foi cuna dun movemento coñecido como L.A Rebellion, conformado por un grupo de cineastas xóvenes e independentes que, con moi poucos medios, tentaron representar nas súas obras a vida da comunidade negra en Los Ángeles. Este grupo constituíu unha ampla variedade de realizadores cuxo labor foi o de empoderar e renovar o Cine Negro. Estos filmes conforman un amplo abanico que vai dende a narrativa clásica ata o neorrealismo ou a vangarda expresionista e surrealista. Estas son obras profundamente políticas nas que o racismo, a represión e a loita conflúen coa esperanza, a autodeterminación e o espíritu artístico.

O programa Avant-gutter da 12º edición do Festival Internacional de Documentais de Tui homenaxea a Charles Burnett cun programa de filmes que aportan unha visión xeral do Cine Negro contemporáneo, cuxas orixes se atopan no grupo L.A Rebellion. O termo avant-gutter foi acuñado polo cineasta Kevin Jerome Everson e alude ás expresións visuais que reflexan a cultura negra contemporánea. A programadora da sección Avant-gutter deste ano é a artista Akosua Adoma Owusu. Nada en EEUU e de ascendencia ghanesa, Adoma Owusu é unha cineasta cuxo traballo vai dende as fábulas ata o documental experimental e obras etnográficas de vangarda. Owusu é coñecida por problematizar o cabelo da muller africana co propósito de reflexionar sobre as preocupacións culturais en torno ao seu legado racial. Nas súas obras, a cineasta presenta as raíces africanas e americanas en relación co xénero, a cultura e a identidade.

Akosua Adoma Owusu

Akosua Adoma Owusu

De feito, a realizadora estadounidense presenta tamén curtametraxe no programa. Bus Nut (2015) re-imaxina o Montgomery Bus Boycott que tivo lugar no ano 1955 dende a perspectiva dunha xoven que está obsesionada cos autobuses. O boicot foi provocado pola acción de Rosa Parks, que se negou a ceder o seu asento nun autobús público a un pasaxeiro blanco. Parks foi detida por desafiar as leis de Alabama en relación coa segregación, converténdose posteriormente en símbolo do movemento polos dereitos civís. A directora presenta unha peza política que se centra nas inxustizas sociais ás que os afroamericanos do Jim Crow tiveron que facer frente. Protagonizado pola actriz MaameYaa Boafo, esta é unha obra de denuncia que emprega unha estructura narrativa non convencional. A curtametraxe conta ademáis con material de arquivo; un vídeo educativo de 1980 sobre a seguridade nos autobuses escolares públicos e un audio sobre unha entrevista de Parks.

Como non, Adoma Owusu decidiu incluir no programa ao director que falou de  avant-gutter por primeira vez. O estadounidense Kevin Jerome Everson combina documental e formalismo nas súas obras para enfocar a clase traballadora afroamericana en torno a unhas condicións físicas, sociais e económicas determinadas. O realizador explora os efectos da migración e o senso de identidade na comunidade negra. Un bo exemplo disto é Erie (2010). Grabada en 16mm, este filme torna declaracións e accións rutinarias en expresións teatrais. Everson reflexiona así sobre a migración afroamericana dende o sur cara o norte do país; explora a relación entre o corpo humano e o traballo que este leva a cabo co propósito de articular unha expresión de clase e de identidade.

Doutra banda, o matrimonio Bee e Rog Walker forma tamén parte da sección con dúas pezas curtas, de non máis de dous minutos cada unha, que constitúen un retrato de ambos fotógrafos. No caso de Bee, a muller fala sobre transición dende vivir en Kenya aos suburbios de Cherry Hill en New Jersey. Rog, pola súa parte expón as súas vivencias persoais e familiares dende New York. Estas dúas pezas forman parte dunha serie máis ampla de retratos; Visual Insights, que reflexionan sobre as orixes e a identidade dos individuais que conforman a diversidade cultural e racial de New York.

Fotograma de Erie, de Kevin Jerome Everson

Fotograma de Erie, de Kevin Jerome Everson

No programa Avant-gutter tamén hai poesía. Billy Woodberry, que xunto con Charles Burnett é unha das figuras principais do L.A Rebellion, forma parte da sección co seu filme And when i die i won´t stay dead (2015), no que rinde homenaxe ao poeta callejero Bob Kaufman. Woodberry recupera o legado do Rimbaud Americano e fusiona dun xeito hábil e fermoso versos da súa obra con fotografías de arquivo e confesións de persoas cercanas ao poeta, achegándonos así a provocativa vida de Kaufman. Ademais, un dos aspectos máis importantes do filme é o xeito no que o director plasma o contexto social, cultural e político no que o poeta viviu. Woodberry preséntanos unha profunda visión do que foi a década dos 50 e dos 60 en San Francisco, asi como o racismo e a esquerda radical que influenciaron a vida e o traballo do activista e poeta Bob Kaufman.

En Dreams are colder than death (2013) a cámara lenta, os primeiros planos, a agresividade da voz en off e o emprego dunha música desconcertante compoñen unha peza política e de denuncia que atrapa por completo ao espectador. Esta obra de Arthur Jafa constitúe unha aproximación ao discurso dos Black studies como contracultura e como crítica da civilización occidental. Mediante confesións e testimonios de artistas, músicos, cineastas e expertos en literatura e cultura afro-americana, o director presenta un documental que reflexiona sobre a negritude e o significado de ser negro en EEUU. Así, o filme preséntase como fluír de conciencia en tanto que xustapón imaxes, pensamentos íntimos, sensacións e recordos de cada un dos personaxes que participa na cinta.

Drylongso é un antigo termo afroamericano que ven a significar “o mesmo” ou “tódolos días”. Cauleen Smith filmou Drylongso (1998) namentras finalizaba os seus estudos de cine na Universidade de California. A película céntrase na vida de Pica, unha xoven afroamericana que estuda fotografía na universidade. Pica está a relizar un proxecto coa súa cámara Polaroid; a través do cal pretende documentar a vida e existencia dos xóvenes negros. Mediante o seguimento desta personaxe a directora captura o entorno dunha comunidade afromericana e aborda temas como a violencia e os problemas aos que as mulleres negras se enfrentan oxe en día.

Nesta sección hai ademáis espazo para a música. Flying Lotus é un productor musical de Los Ángeles, e o seu cuarto álbum Until the Quiet Comes (2012) tornou expresión visual de mans de Kahlil Joseph, realizador afroamericano que desenvolve o seu traballo en Los Ángeles. O video musical está grabado no barrio de Watts de Los Angeles e retrata a violencia e a continua tension racial que dende os anos 60 son norma no barrio, marcado polas confrontacións entre policía e membros combativos da comunidade.

Deste xeito, o programa Avant-gutter abarca unha mostra significativa de fimes que conforman o Cine Negro contemporáneo así como tamén unha expresión da cultura afroamericana. Música, fotografía, poesía e cine conflúen aquí para reflexar a situación actual da comunidade negra nos Estados Unidos. Este filmes ofrecen unha alternativa ao cine clásico de Hollywood, son obras políticas que falan sobre o racismo e a opresión; enfocados dende múltiples posturas como poden ser o poder Negro, o afrocentrismo ou a terceira ola feminista.

Comments are closed.