STOP THE POUNDING HEART, de Roberto Minervini

A traxedia dos corazóns desbocados Stop the Pounding Heart (2013) é unha cámara orbitando arredor dunha galaxia afastada, unha ollada a un mundo alleo que vén a explicar os mecanismos universais polos que se rexe o noso propio. Roberto Minervini é quen peta na porta deste recuncho da Texas profunda e semella que a súa presenza non incomoda aos seus anfitrións. Desta forma elabora unha narración híbrida que tanto poderiamos dicir que ofrece unha ficción con recursos... Ler máis