Pablo Gonzalez Taboada

Artigos de Pablo Gonzalez Taboada:

    NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN

    Nicolas Winding Refn púxose no mapa a nivel mundial coa súa penúltima película (Drive, 2011), pero antes de lograr certa relevancia mediática con aquel proxecto xa realizara oito longametraxes (unha delas para televisión) e varias incursións en publicidade e curtametraxes; o seu filme debut, Pusher, realizado cando contaba tan só con 24 anos, foi de feito unha adaptación... Ler máis

    DRIVE, de Nicolas Winding Refn

    O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos... Ler máis

    THE ARTIST, de Michel Hazanavicius

    Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente... Ler máis

    CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

    O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención... Ler máis