Novos Cinemas 2024: As horas ficticias
No Sleep Till, de Alexandra Simpson Ao fío da madrugada aparece entre as nubes unha lúa grande e redonda, e os obxectos do meu cuarto van emerxendo da penumbra na que adormentaban. Parece xusto que o festival acabe así: cun baile de sombras e luces sobre paredes brancas, e o insomnio polo medio. Non quero ler nin ver wésterns dobrados na tele, así que poño o abrigo, as luvas,... Ler máis
Curtocircuíto 2024: Sección Oficial Cosmos (II)
For Here Am I Sitting in a Tin Can Far Above the World, de Gala Hernández A pluralidade das sesións de Cosmos no festival Curtocircuíto favorece as múltiples miradas e perspectivas, unha visión do cinema que facilita atopar conexións entre ideas que nun principio non parecen estar relacionadas. Dende o Xurado Novo premiouse á directora murciana Gala Hernández e a súa curtametraxe... Ler máis
Curtocircuíto 2024: Sección Oficial Cosmos (I)
It will be better before, de Keto Kipiani Como cada outubro, Santiago de Compostela acolleu un ano máis o Festival Internacional Curtocircuíto, ao que puidemos achegarnos na súa vixésimo primeira edición. Como acostuma ser habitual, houbo un tema que fiou a filosofía das distintas xornadas: neste caso, as profundidades abisais, que comezaron cunha sesión de apertura multidisciplinar,... Ler máis
Festival de Cinema de Sitges 2024
Oddity, de Damian McCarthy Como todos os anos, o pasado mes de outubro celebrouse o encontro anual máis importante para os fans do cinema fantástico e de terror. Estamos a falar do Festival de Cine Fantástico de Sitges, un encontro ao que unha servidora leva asistindo durante varios anos seguidos con sumo rigor, coma se se tratase dun acto relixioso. Con todo, a experiencia de... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #6
Platónico, platónica, de Xacio Baño Que é o amor? A última sesión do festival comeza con esta pregunta dirixida a unha intelixencia artificial. No corazón de Platónico, platónica (Xacio Baño, 2024) está a tese de que “a nosa relación coa creación de imaxes parte do amor”, e este é o vínculo que o filme explora a través de distintos formatos en apenas dez minutos... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #5
Aunque es de noche, de Guillermo García No mesmo centro da España peninsular atópase A Cañada, o asentamento irregular máis grande de Europa. Aí é onde comezamos esta poliédrica sesión con Aunque es de noche (Guillermo García López, 2023), que segue as andanzas de Toni, un adolescente da Cañada, e o seu amigo Nasser, que está a piques de marchar a Francia. Planea sobre... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #4
Habitar, de Anxos Fazáns Os primeiros minutos de Habitar (Anxos Fazáns, 2023) introdúcennos nun mundo de texturas. Filmados en planos tan pechados que apenas distinguimos os seus contornos, desfilan pola pantalla gatos, peles, videoxogos, mentres unhas voces comezan a falar. Pola banda do sonoro, o ton é recoñecible: entrevistas de carácter documental, cos seus ritmos, a súas... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #3
Frialdad, de Andrea Sánchez A historia do cinema é un dialogo constante entre tempos. Escenifícao así Frialdad (Andrea Sánchez, 2023), que recupera fragmentos dun filme esquecido, El espectro de Justine (1986), para medrar ao seu redor. O filme en cuestión —unha cinta de terror de serie B sobre unha actriz posuída polo seu personaxe, escrita por Rosa Mari Sorribes e dirixida... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #2
El Soldao, de Alejandro Cabrera ‘A todos aqueles lugares onde os tempos se mesturan e todo ocorre simultaneamente’. Esta é a dedicatoria que pode lerse nos créditos finais de El Soldao (Alejandro Cabrera, 2023), e que condensa nunhas poucas palabras a natureza deste filme. Nel, Francisco volve á casa familiar en Villanueva del Duque, Andalucía, baleira tras a morte da súa... Ler máis
FICBUEU 2024 — SECCIÓN OFICIAL #1
O frío, de Pablo Dopazo Ao primeiro filme da primeira sesión correspóndelle ser a porta de entrada a unha nova edición do festival e, neste caso, é O frío (Pablo Dopazo, 2024), unha pequena produción galega que nos convida a afondar nos múltiples camiños deste decimo sétimo FICBUEU. Os planos iniciais establecen o ton do filme: vemos o interior mal iluminado dun almacén... Ler máis