Os espazos do cinema

VII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

Cinema Paradiso, de Giuseppe Tornatore

Cinema Paradiso, de Giuseppe Tornatore

Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual galego: Os espazos do cinema, de Miguel Casaseca Santos.

“Na rúa lucense de García Abad conviviron dous cinemas: Os Cines Paz e os Cines Victoria. Hai tempo que xa pecharon. Pero nese preciso espazo que ocupaban as súas pantallas hai agora un novo cine: a televisión de corenta pulgadas do meu salón. Unha pantalla que onte á noite decidín deixar apagada para ver unha película nun cinema diferente. O terceiro, pero non o último, da rúa García Abad”.

O xurado entrega o premio a Mellor  videoensaio sobre audiovisual galego a Os espazos do cinema, por ofrecer unha reflexión pertinente que apela á experiencia colectiva dende o persoal, explorando o impacto do espazo e do medio na relación que establecemos co cinema, a través dunha forma que remite á esencia do ensaio audiovisual clásico subliñando a importancia da subxectividade e as posibilidades da  montaxe.

*Estes premios contaron co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

**María Luz Morales (A Coruña, 1889 — Barcelona, 1980) destacada escritora e xornalista, foi unha das primeiras mulleres en España en ser directora dun diario estatal (La Vanguardia). Activista feminista, republicana e galeguista, o seu pouso intelectual deixou unha fonda pegada na historia do século XX.

Comments are closed.