Curtocircuíto 2023: Planeta GZ

Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego contemporáneo e o seu apego á terra, establecendo unha profunda conexión con ela. Ruovesi é unha... Ler máis

FICBUEU 2023: Sección Oficial 3 — Formas da dor

Ulises, de Félix Brixel A pegada profunda da dor percorre esta sesión. Cada cineasta achégase a esa dor metamorfoseante desde os xiros dunha linguaxe propia, pero co denominador común da empatía. Pasamos das doenzas físicas, que imprimen o seu rastro nos corpos que sofren, ás doenzas silenciosas que roen a alma; en máis dunha ocasión, estes corpos ao bordo da quebra sinalan á vez o fracaso dun sistema deshumanizador. Ulises (Félix Brixel) trasládanos a unha paraxe... Ler máis