Miguel Gómez Abad
Artigos de Miguel Gómez Abad:
Ángel Filgueira: “Un dos retos do filme foi intentar fuxir dunha imaxe máis pornográfica e así naturalizar un contido que tira moito cara ao sexual”
Ángel Filgueira pechou a oitava edición de Novos Cinemas coa estrea en Galicia da súa primeira longametraxe de ficción, Canto toco un animal, protagonizada por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro, e producida por Sétima, a produtora galega fundada por Anxos Fazáns e Silvia Fuentes. Explorando o traballo previo de Filgueira, incluída unha curtametraxe titulada As... Ler máis
Curtocircuíto 2023: Planeta GZ
Non te vexo, de Xacio Baño A sección Planeta GZ regresa un ano máis, achegando ao público de Curtocircuíto as propostas máis arriscadas do cinema galego actual. Este ano, como case sempre, contamos cunha selección moi variada e heteroxénea, chea de contrastes, aínda que varias das pezas teñen algún nexo en común, como certo intimismo dominante no audiovisual galego... Ler máis
O corpo aberto, de Ángeles Huerta
O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse,... Ler máis
Curtocircuíto 2022: Supernova
Abismo, de Rubén Suárez Dentro da programación de Curtocircuíto, Supernova é unha sección que sempre aplaudirei e que deberían adoptar moitos festivais de cine que pretendan deixar espazo para todas esas obras que están a medio camiño entre o profesional e o amador. En varios dos títulos de crédito das pezas seleccionadas no encontro compostelán observamos como os nomes... Ler máis
Pig, de Michael Sarnoski
Outra película de Nicolas Cage en carteleira. Así é, pero ao mesmo tempo non o é, e nos matices está a graza das cousas. Non se lle escapa a ninguén que Nicolas Cage é unha “estrela” que parece aceptar todos os guións que lle chegan sen pararse a cuestionalos o máis mínimo. Pero entre tanta película mediocre e refinada, ás veces consegue actuar en longas con identidade... Ler máis
Wes Anderson: a depuración dun estilo
Moonrise Kingdom (2012) Dende neno, Wes Anderson (Houston, 1969) sempre estivo interesado no mundo do celuloide, e incluso actuou en pequenas obras de teatro na escola. Estudou filosofía na Universidade de Texas, onde coincidiu co actor Owen Wilson, co cal formaría unha sorte de comuñón artística que empuxaría as súas primeiras obras para posteriormente acompañalo na maior... Ler máis
Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”
Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos.... Ler máis
Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado
Nos anteriores traballos de Helena Girón e Samuel Delgado —curtametraxes como Sin Dios ni santa María (2015) ou Plus Ultra (2017)— xa se observaban certos trazos e inquedanzas que agora podemos ver desenvolvidos na súa valente e rebelde ópera prima, que lles permitiu percorrer festivais de todo o mundo recollendo premios como os conseguidos en Venecia e Novos Cinemas (ler... Ler máis
Alcarràs, de Carla Simón
Alcarràs é unha pequena localidade rural preto de Lleida. A subsistencia da agricultura familiar é algo cada vez máis complicado, e a forma tradicional e menos invasiva de cultivar a terra está a desaparecer, principalmente pola inacción dos gobernos e as malas transicións propostas para un progreso que xa é imparable. O problema son os mecanismos e as forzas que actúan... Ler máis
París, Distrito 13, de Jacques Audiard
© Shanna Besson / Avalon A sensibilidade non ten nada que ver coa experiencia á hora de facer unha película. A sensibilidade tense, a experiencia gáñase, pero cando se xuntan as dúas cousas o resultado pode rozar o imposible. Jacques Audiard é un veterano, e nótase, pero non vive de rendas, xa que o seu cine sempre soubo retratar e captar as preocupacións das distintas... Ler máis