Número 14
Os proxectos pequenos e persoais como A Cuarta Parede dependen sempre moito da dedicación e mimo dos seus organizadores. Nos últimos meses, motivos vitais dos directores desta publicación ocasionaron un descenso no número de artigos publicados, así como na coherencia entre eles. Esperamos ter un 2013 máis ordenado, con especiais cada dous meses e outros textos cada semana.
Comunicamos ao lector que esta tarefa recaerá agora en Víctor Paz e Iván Villarmea, que xa formaba parte do consello de redacción. O noso compañeiro Eloy Domínguez decidiu dedicarse plenamente ao cinema. Vista a súa correspondencia fílmica con Marcos Nine e adiantos doutro traballo que xa nos ensinou, prevemos un futuro prometedor para el e desexámoslle toda a sorte do mundo.
E agora, aos contidos. Neste primeiro número do ano, queremos repasar o mellor do pasado a través das votacións dos nosos colaboradores. Ás listaxes que publicamos agora, iranse sumando críticas dos filmes máis salientables ao longo do mes.
Moitas destas películas víronse en festivais de cinemas de España. Varios dos seus directores; en concreto os de Seminci, Sitges, Sevilla, Cines del Sur e Punto de Vista; debaten na nosa Panorámica sobre aspectos como a construción do público, os recortes orzamentarios, a importancia das actividades paralelas e os convidados… Era importante para nós, na actual situación que atravesan, lanzar esta debate sobre “O estado da cuestión”. Os temas son amplos, polo que este especial dividirase en catro partes para facilitar a súa lectura. Agardamos que o sigades con interese.
Un ano máis, moitas grazas, prezados lectores, por estar aí. Benvidos de novo á Cuarta Parede.
Dirección, edición e xestión da web
Víctor Paz Morandeira
Iván Villarmea
Deseño da cabeceira
Paulino Vilasoa Boo
Consello de redacción
Eloy Domínguez Serén
Iván G. Ambruñeiras
José Manuel Sande
Horacio Muñoz Fernández
Escriben neste número
Paulo Cunha
Blanca García
Iván G. Ambruñeiras
Óscar Iglesias
Laura Menéndez
Iñaki Novoa
Martin Pawley
Daniel Ribas
José Manuel Sande
Gonzalo Suárez
Julio Vilariño
Iván Villarmea
Colaboran neste número
Javier Angulo
Miguel Blanco
Josetxo Cerdán
José Luis Cienfuegos
Paulo Cunha
Eloy Domínguez Serén
Iván García Ambruñeiras
Laura Menéndez
Horacio Muñoz Fernández
Daniel de Partearroyo
Víctor Paz Morandeira
Martin Pawley
Julio C. Piñeiro
Daniel Ribas
Tito Rodríguez
Nicolás Ruiz
Àngel Sala
José Sánchez-Montes
José Manuel Sande
Gonzalo Suárez
Julio Vilariño
Iván Villarmea
CONTACTO:
info@acuartaparede.com
Textos publicados neste número:
Pantallas:
TABU, de Miguel Gomes, por Paulo Cunha
AMOUR, de Michael Haneke, por Daniel Ribas
MOONRISE KINGDOM, de Wes Anderson, por Horacio Muñoz Fernández
SKYFALL, de Sam Mendes, por Víctor Paz Morandeira
CSAK A SZÉL – JUST THE WIND, de Benedek Fliegauf, por Gonzalo Suárez López
O GEBO E A SOMBRA, de Manoel de Oliveira, por José Manuel Sande
HOLY MOTORS, de Leos Carax, por Jorge Corral
Panorámica:
O MELLOR DE 2012, por A Cuarta Parede
(S8): LUZ ESPIRITUAL, por Víctor Paz Morandeira
CLAVES PARA (TENTAR) ENTENDER O FESTIVAL DE CINE DE OURENSE, por Inhaki Novoa e Oscar Iglesias
“A CLAVE DO ÉXITO DE PÚBLICO É UNHA PROGRAMACIÓN RIGOROSA PERO NON DEMASIADO ACADÉMICA”, por Ivan G. Ambrunheiras
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN, por A Cuarta Parede
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (II), por A Cuarta Parede
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (III), por A Cuarta Parede
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (e IV), por A Cuarta Parede
Zoom in:
IFFR 2013 (I/III): O ANO DO BASTARDO, por Tito Rodríguez
IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS, por Tito Rodríguez
IFFR 2013 (III): SURREALISMO, CRUELDADE E ANARQUÍA… AS CLAVES DO ÉXITO, por Tito Rodríguez
IFFR 2013 (BONUS): GRANDES MESTRES… FUTUROS BRILLANTES, por Tito Rodríguez
Found Footage:
GEORGES FRANJU: A TESTA CONTRA UNHA PAREDE… INFRANQUEÁBEL, por Luis Betran
Moviola:
XACIO BAÑO: “A VIDA É MOITO MÁIS”, por Arturo Losada