Número 29

Como temos feito noutras ocasións, gústanos toma o pulso ao sector da creación cinematográfica, para comprobar en que estado se atopa, mediante debates con profesionais do cinema. Neste caso, decidimos centrarnos na distribución de filmes independentes, que semella está a mudar coa aparición de salas que programan á marxe dos multiplex. Falamos dunha distribución de filmes normalmente de moi baixo orzamento, que se distribúen con poucas copias, e que intentan dar un... Ler máis

Número 28

Ante unha cita tan importante como a do 20-D, na que nos xogamos o futuro político dos próximos catro anos, dende A Cuarta Parede preguntámonos como o goberno que saia elixido das urnas poderá influír no sector cinematográfico, coas súas políticas públicas. O cinema, por non falar da cultura en xeral, é un tema que adoita estar ausente nos debates televisivos, que rara vez se menciona nos artigos de opinión durante as campañas, e que non ocupa dende logo un lugar de... Ler máis

Número 15

O novo número da revista agromará esta primavera aos poucos, paseniño, para non asoballar ao comezo nin deixarvos abandonados a media estación. Nos próximos dous meses iremos publicando dous ou tres artigos por semana, seguindo estas dúas liñas principais: dunha banda a colleita do último Punto de Vista, e doutra unha panorámica adicada á caligrafía cinematográfica. No tocante á primeira, Punto de Vista deixounos outro ano máis un pouso ben fondo, para darlle ao... Ler máis

Número 14

Os proxectos pequenos e persoais como A Cuarta Parede dependen sempre moito da dedicación e mimo dos seus organizadores. Nos últimos meses, motivos vitais dos directores desta publicación ocasionaron un descenso no número de artigos publicados, así como na coherencia entre eles. Esperamos ter un 2013 máis ordenado, con especiais cada dous meses e outros textos cada semana. Comunicamos ao lector que esta tarefa recaerá agora en Víctor Paz e Iván Villarmea, que xa formaba... Ler máis

Número 11

Cannes marca o inicio dunha nova tempada cinematográfica, e Indielisboa serve un pouco de contedor das tendencias que cada maio despegan na Croisette (e doutros lares, que non só do festival galo se nutre o cinéfilo). Dedicamos por isto a nosa Panorámica ao certame portugués, coa intención de repasar algúns filmes recentes que nos parecen fundamentais. Co ánimo de dar outra visión de Cannes un ano máis, analizamos o seu impacto real na cinefilia a partires de dados recabados... Ler máis