Número 35
A crítica sempre lle está dando ao cabazo: vemos algo, pensamos algo, queremos dicir algo. Temos as palabras e, dun tempo a esta parte, temos tamén toda caste de trebellos dixitais: temos computadoras, programas de edición, ideas na cabeza. Podemos escribir, filmar, editar, relacionar. O obxectivo é expresarse, construír un discurso, desenvolver unha argumentación, en palabras ou en imaxes. Por iso, este ano, organizamos o Seminario ‘A Crítica Audiovisual’ na última edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, con mentes de publicar agora os traballos que saíron del.
A panorámica deste número, neste sentido, recolle as dúas sesións teóricas do seminario: na primeira, Tiago Baptista, novo director do Arquivo Nacional da Imagem em Movimento (ANIM), expón o potencial crítico do ensaio audiovisual dixital; e na segunda, o cineasta e programador Guillermo G. Peydró –director, entroutras pezas, de La ciudad del trabajo (2015)– analiza a capacidade do filme ensaio para artellar pensamentos estéticos en imaxes.
Este seminario, combinado coa programación de Play-Doc, fixo agromar a creatividade de vellos e novos colaboradores da revista, que publicarán as súas respectivas crónicas escritas e ensaios audiovisuais no noso obradoiro, activo de novo neste número. Ademais, viaxaremos tamén nesta primavera a outros festivais de cinema, de Las Palmas de Gran Canaria até o IndieLisboa, á procura sempre de filmes sobre os que caletrar. A cousa é ver, ollar, reparar. Pensar as imaxes con rigor, paciencia e insistencia. Pensar e sentir. Ver e ler. Aquí, neste novo número de A Cuarta Parede, e no voso propio maxín: as vosas pálpebras como primeira pantalla.
Dirección, edición e xestión da web
Alba Cambeiro
Víctor Paz Morandeira
Brais Romero Suárez
Iván Villarmea Álvarez
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Eloy Domínguez Serén
Iván G. Ambruñeiras
Xan Gómez Viñas
Laura Montero Plata
Horacio Muñoz Fernández
Colaboran neste número
Hugo Amoedo
Tiago Baptista
Guillermo G. Peydró
Brais Romero Suárez
Iván Villarmea Álvarez
CONTACTO
Textos publicados neste número:
Pantallas:
FOGUEO, de David Sainz, por Brais Romero Suárez
SELFIE, de Víctor García León, por Sergio de Benito
KEDI, de Ceyda Torun, por Pedro Mandías Couto
Panorámica:
O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO, por Guillermo G. Peydró
O POTENCIAL CRÍTICO DO ENSAIO AUDIOVISUAL DIXITAL, por Tiago Baptista
Zoom in:
DOMINIC GAGNON: “SEN OS MOTORES DE BÚSQUEDA NON SERÍA NADA”, por Brais Romero Suárez
Found Footage:
DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA, por Hugo Amoedo
FOCO BRUCE ELDER: CINEASTAS ILUMINADOS, por Pedro Mandías Couto
Contracampo:
UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’, por Víctor Paz Morandeira
Circuíto:
HONG SANG-SOO: “ADORO A LIBERDADE DE QUE CADA TOMA SEXA DISTINTA”, por Víctor Paz Morandeira
LAS PALMAS 2017: REFERENTES CINEMATOGRÁFICOS OU IMITACIÓNS QUE FACER, por Brais Romero Suárez
INDIELISBOA 2017: A COLLEITA PORTUGUESA, por Víctor Paz Morandeira
INDIELISBOA 2017: AS MÚLTIPLES VIDAS DOS TRABALLADORES, DOS OCIOSOS E DOS MARXINAIS, por Víctor Paz Morandeira
8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO, por Brais Romero Suárez
NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN, por Brais Romero Suárez
NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS, por Brais Romero Suárez
CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL, por Víctor Paz Morandeira
CURTAS 2017: VANGARDA EN CATRO MOVEMENTOS, por Víctor Paz Morandeira
Moviola:
ACORDAR, por Brais Romero Suárez
Obradoiro:
LE CONCOURS, de Claire Simon, por Cristina García Parga
RENÉ, de Helena Třeštíková, por Brais Romero Suárez