Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica

Formigón, de Antía Carreira

Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado... Ler máis

CURTAS 2017: VANGARDA EN CATRO MOVEMENTOS

  O Curtas Vila do Conde vén achegando dende as súas orixes a Portugal os traballos máis diversos do cinema de vangarda nun sentido amplo. Esta acepción tense estendido noutras edicións a todo exercicio visual que puxese en dúbida o narrativo e a representación realista. En 2017 este tipo de pezas foron desterradas da sección experimental para integrar, no que pareceu... Ler máis

CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL

O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional;... Ler máis

KEDI, de Ceyda Torun

Vén, belo gato, ao meu amoroso peito; retén as unllas da túa pata, e deixa que me afunda nos teu ollos fermosos Charles Baudelaire – As flores do mal A cotío pregúntome, para ver, quen son; e quen son no momento en que, sorprendido, en silencio, pola mirada dun animal, por exemplo, os ollos dun gato […] Jacques Derrida – O animal que logo estou se(gui)ndo   Dúas linaxes... Ler máis

NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS

Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse... Ler máis

NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN

Rosalinda (Matias Piñeiro, 2011)

Hermia&Helena (Matías Piñeiro, 2016) Ao longo da historia do cinema, William Shakespeare ten dado adaptacións tan dispares como as clásicas de Kenneth Branagh, os moitos Romeos e Xulietas ou os traballos recentes de Joss Whedon (Much Ado About Nothing, 2012) ou Justin Kurzel (Macbeth, 2015). Textos, diálogos, repetidos que nunca chegan a ser os mesmos; cada versión leva... Ler máis

8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO

Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada... Ler máis

SELFIE, de Víctor García León

As consecuencias do estourido da burbulla económica instauraron no cinema español recente unha tendencia a explorar, con frecuencia a través dos códigos da comedia, ese choque do benestar artificial do pasado inmediato e a precariedade do presente. Desde un producto industrial tan errado coma Tenemos que hablar (David Serrano, 2016) ata o caos terminal da incomprendida Murieron... Ler máis

FOCO BRUCE ELDER: CINEASTAS ILUMINADOS

Antes de comezar a clase maxistral que impartiría uns minutos despois, Bruce Elder cruza o corredor de Numax a unha velocidade inusitada. Francisco Algarín, responsable do ciclo itinerante que levou ao director a varias cidades do Estado, xa o avisara: Elder é un cineastas dunha enerxía inesgotable ao que lle costou seguir durante os días de rodaxe que pasaron xuntos en Andalucía.... Ler máis

UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’

   O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata... Ler máis