(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe
Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven relendo o poeta portugués Manuel António Pina. Substitúo palabra por imaxe e tomo estes versos... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada
Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis
Número 47
© Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía evidente a necesidade dunha colaboración máis estreita entre A Cuarta Parede e a Academia. Por... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2020: O xardín secreto
Non é certo que quedásemos sen primavera. S8 puxo todos os medios na súa onceava edición para devolvérnola en forma de cinema periférico este outubro: e a quen non lle gusta que lle regalen flores? Este Xardín Secreto trouxo consigo os aromas esquecidos durante o confinamento e encheu a sala co exuberante dun cinema que non pretende endosar etiquetas. Un xardín colectivo, o desta edición, do que sacar un ungüento diferente de cada sección. Afeitos a sorprendernos co... Ler máis
Número 44
Fotografía: María Meseguer Sumidos aínda na vertixe deste ano atípico, que pouco a pouco vai chegando ao seu fin, os meses de verán e outono supuxeron unha ventá a unha certa “normalidade”, que nos permitiu retomar unha das nosas actividades favoritas: asistir a festivais de cinema. Foi un ano para poñer en valor a importancia destes espazos nos que compartir e crear comunidade arredor das películas, algo tan necesario nos tempos que vivimos. Despois da cancelación... Ler máis
MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS
Fotografía: María Meseguer Podes ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. Preludio En maio de 2016 atopábame en Londres, no BFI, para asistir a unha sesión especial de Malcolm Le Grice. Un acontecemento tan raro que me levou a pensar que podería ser a miña primeira e última oportunidade de ver a Le Grice en directo interpretando a súa icónica Horror Film 1 (1971). O programa nocturno tamén incluía Threshold (1972) e After Leonardo (1973), da cal podedes... Ler máis
O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL
Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Mónica Delgado impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. “O golpe fresco de Wavelenght, de Michael Snow, estaba en ver a tantos novos actores -luz e espazo, paredes, ventás en aumento, e un número sorprendente de variacións de cor e sombra que viven e morren nos vidros das fiestras- volverse compoñentes estéticos principais da experiencia cinematográfica”1, dixo Manny Farber, en ArtForum en 1970,... Ler máis
ABERTA A INSCRICIÓN AO SEMINARIO DE CRÍTICA EXPERIMENTAL
O cinema experimental é a expresión máis libre da sétima arte, por iso, á hora de elaborar textos críticos sobre este cinema ás veces enfrontamos o bloqueo a páxina en branco. Cómpre liberar a nosa mirada de ideas preconcebidas e entregarnos a uns filmes que provocan, suscitan ou formulan ideas e imaxes imposibles de concebir se non é desde a liberdade de formato máis absoluta. O seminario ‘A Crítica Experimental’ contará con tres sesións impartidas... Ler máis
Procesos #25 – CGAI
Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis