(S8) Mostra de Cinema Periférico 2020: O xardín secreto

Non é certo que quedásemos sen primavera. S8 puxo todos os medios na súa onceava edición para devolvérnola en forma de cinema periférico este outubro: e a quen non lle gusta que lle regalen flores? Este Xardín Secreto trouxo consigo os aromas esquecidos durante o confinamento e encheu a sala co exuberante dun cinema que non pretende endosar etiquetas. Un xardín colectivo, o desta edición, do que sacar un ungüento diferente de cada sección. Afeitos a sorprendernos co... Ler máis

SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro

 O nacemento dunha nación  Escribo isto porque un día por gmail chegou o encargo de apañar “unha crítica de Sempre Xonxa, pero é difícil sacar adiante unha crítica de Sempre Xonxa, trinta anos despois, sen sentir que nos dedos latexa un pulso de impertinencia; unha certa gravidade. Pero niso estamos. O que vén agora non é tanto unha crítica como unha sucesión bardalleira de reflexións breves e nebulosas que dan voltas alporizadamente ao redor dunha rotonda –sendo... Ler máis

INTERSECCION 2018: SOBRE FRONTEIRAS E DIVERSIDADES. A IMAXE AUDIOVISUAL EN GALICIA ALÉN DO CINEMA

Fotografía: Andrea Rodríguez López Nos últimos tempos, falar de audiovisual é facelo desde unha perspectiva híbrida, expandindo a mirada alén de terminoloxías ou fronteiras técnicas para abrazar a súa substancia desde a intersección, desde o camiño fronteirizo. Ao longo da historia aprendemos que na arte non existen as rupturas limpas ou as delimitacións. Comprendemos a súa permeabilidade e asumimos que as agrupacións en movementos, períodos ou categorías favorecen... Ler máis