Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Nos camiños, de Carme Nogueira Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego: Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira, de Breogán Xague. O xurado destacou a elevada calidade da proposta “grazas a un texto arriscado pola formulación e enfoque orixinal, cunha esencia plural e aberta”. Os premios levan o nome... Ler máis
INTERSECCIÓN 2019: A QUE SABE A VÍDEO ARTE GALEGA?
No cruzamento das artes plásticas e o cinema de vangarda xérase un espazo no que se acomoda por segundo ano o Festival Intersección. Na Coruña atopáronse na pantalla de sección galega as obras de Verónica Vicente, Carla Andrade, Carme Nogueira, Félix Fernández, Lara e Noa Castro, Edu Fernández, Alberte Pagán, Iria Vázquez, Iago Eireos, Cillas Rodríguez, Teresa Búa e Vázquez/Arrieta. A que sabe este bocado á vídeo arte galega actual? Sara Donoso, membro do equipo... Ler máis
INTERSECCION 2018: SOBRE FRONTEIRAS E DIVERSIDADES. A IMAXE AUDIOVISUAL EN GALICIA ALÉN DO CINEMA
Fotografía: Andrea Rodríguez López Nos últimos tempos, falar de audiovisual é facelo desde unha perspectiva híbrida, expandindo a mirada alén de terminoloxías ou fronteiras técnicas para abrazar a súa substancia desde a intersección, desde o camiño fronteirizo. Ao longo da historia aprendemos que na arte non existen as rupturas limpas ou as delimitacións. Comprendemos a súa permeabilidade e asumimos que as agrupacións en movementos, períodos ou categorías favorecen... Ler máis







