Número 2

Adoitan dicir que o segundo número é o máis difícil. O cinema, a vida, púxonolo doado nesta ocasión. Sen pretendelo, semella que dúas liñas están presentes nesta nova andadura d’A Cuarta Parede. Por unha banda, o festival Punto de Vista, ao que dedicamos un especial en Panorámica, volveu incidir en dous aspectos sociolóxicos relevantes que os nosos redactores coinciden en salientar: a construción da identidade e a relación co ‘outro’. Son elementos que definen tamén a obra de Claire Denis, cineasta fundamental do noso tempo. Laura Menéndez interpreta as claves da súa filmografía.

“O futuro do cinema é o seu pasado”, dicía Serge Daney, algo que queda probado nas olladas documentais e militantes de Joris Ivens e Marcel Lozinski, a quen Play-Doc dedica a primeira retrospectiva en España. Co seu método de “abrir a realidade”, o cineasta polaco introducía actores en pezas de non ficción para sacar a relucir os trapos sucios do réxime stalinista. O tan popular debate da hibridación entre documental e ficción era nel algo habitual xa nos anos 70.

Joris Ivens é lembrado como un dos cineastas máis sensibilizados e involucrados cos avances sociais do século XX, porén introduciuse no cine experimentando con exercicios de estilo de vocación lírica. Neste número analizaremos a transición do ‘Holandés Errante’ de artista de vangarda a documentalista político.

Militante e esencial tamén para entender a creación fílmica contemporánea é Pasolini, pioneiro no uso da metraxe atopada, a quen a Fundación Luís Seoane lle dedica unha exposición. No panorama galego, Marcos Nine explica o seu proxecto La brecha, unha longa baseada tamén en materiais de desperdicio e que o achega ao expresionismo abstracto.

Completan os contidos deste segundo número da revista varias críticas de filmes de actualidade, unha viaxe ao cinema psicoxeográfico partindo de Patrick Keiller e a reseña do último libro de Gerard Imbert, repaso indispensable ao cinema posmoderno dos últimos vinte anos.

Directores

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Edición e xestión da web

Eloy Domínguez Serén

Víctor Paz Morandeira

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Escriben neste número

Jorge Corral

Julio C. Piñeiro

Eloy Domínguez Serén

Sofía Herrero Cárrega

Iván G. Ambruñeiras

Arturo Losada

Christian Martínez

Laura Menéndez

Horacio Muñoz Fernández

Ángel Santos Touza

Iván Villarmea

Textos publicados neste número:
Pantallas:

EN UN MUNDO MEJOR, de Susanne Bier, por Julio C. Piñeiro

CARLOS, de Olivier Assayas, por Iván Villarmea Álvarez

SECRET REUNION, de Hun Jang, por Sofía Ferrero Carrega

UNA MUJER EN ÁFRICA, de Claire Denis, por Christian Martínez

EL ÚLTIMO VERANO, de Jacques Rivette, por Horacio Muñoz Fernández

Panorámica:

PALMARÉS PUNTO DE VISTA, por A Cuarta Parede

AS POLÍTICAS DO PERSOAL, AS POLÍTICAS DOS ‘OUTROS’, por Iván Villarmea

POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL, por Ángel Santos Touza

OS DESVELOS DA OLLADA, por Jorge Corral

Zoom in:

A MEMORIA DOS LUGARES. PATRICK KEILLER E O DOCUMENTÁRIO PSICOXEOGRÁFICO, por Iván Villarmea

CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS, por Laura Menéndez

Found Footage:

JORIS IVENS: DA PLUMA Ó FUSIL (1927-1933), por Eloy Domínguez Serén

Contracampo:

MUTACIÓNS DO CINEMA POSMODERNO, por Horacio Muñoz Fernández

PASOLINI, A CIRURXÍA DA SÚA PROPIA VIDA, por Arturo Losada

DESVELAMENTOS AUTORAIS: O CINEMA DE MARCEL LOZINSKI, por Iván G. Ambrunheiras

Moviola:

O CINEMA DE MARCOS NINE, por Arturo Losada

Comments are closed.