ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa... Ler máis

DESDE SEMPRE XONXA E URXA ATÉ HOXE. HAI POLISEMIA NAS PAISAXES DO NOSO CINEMA?

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A diversidade da paisaxe fronte á intención reducionista A mirada a Galicia debe ser polisémica e plural. E debe estar, porque o está, ligada á paisaxe. Con todo, o problema vén no intento de definir o propio termo paisaxe desde un ángulo limitado. Nunha fase de produción e consumo de imaxes estereotipadas, onde o urbano e o rural conviven... Ler máis

SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro

 O nacemento dunha nación  Escribo isto porque un día por gmail chegou o encargo de apañar “unha crítica de Sempre Xonxa, pero é difícil sacar adiante unha crítica de Sempre Xonxa, trinta anos despois, sen sentir que nos dedos latexa un pulso de impertinencia; unha certa gravidade. Pero niso estamos. O que vén agora non é tanto unha crítica como unha sucesión bardalleira... Ler máis

CONTINENTAL, de Xavier Villaverde

Continental foi a película elixida para abrir Cinegalicia o 23 de novembro do ano 1989. Estaba dirixida por Xavier Villaverde, que xa tiña certo percorrido no audiovisual, especialmente no vídeoarte e a curtametraxe. Continental era a súa primeira e prometedora longametraxe, que lle valeu a candidatura ao Goya como mellor director novel. Villaverde quixo experimentar cos esquemas... Ler máis

URXA, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal

 O 24 de novembro de 1989, no Teatro Cine Fraga de Vigo, tiña lugar a estrea pública de Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, durante a segunda xornada daquel fito histórico chamado Cinegalicia. Tal e como apuntaban algunhas crónicas do momento, o filme partía dende o inicio como o “patiño feo” (Acuña, 1989) da selección, e pasou relativamente... Ler máis

CINEGALICIA 2019

Imos facer trinta anos dentro de pouco. Hai xente que cre que é un aniversario algo traumático que celebrar: había aquel dito da contracultura dos anos sesenta que recomendaba non fiarse de ninguén de máis de trinta, pero daquela a xente de máis de trinta probablemente estaba xa pagando hipotecas e criando bebés. Nós somos máis ben o que La Voz de Galicia describiu nun... Ler máis