ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

URXA, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal

 O 24 de novembro de 1989, no Teatro Cine Fraga de Vigo, tiña lugar a estrea pública de Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, durante a segunda xornada daquel fito histórico chamado Cinegalicia. Tal e como apuntaban algunhas crónicas do momento, o filme partía dende o inicio como o “patiño feo” (Acuña, 1989) da selección, e pasou relativamente desapercibido en comparación coas outras dúas longametraxes que conformaron o programa... Ler máis

Número 42

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis