BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (3/3)

The Salt of Tears, de Philippe Garrel © Rectangle Productions Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial da 70ª Berlinale. Os afeccionados á nouvelle vague sentiranse un pouco nostálxicos con The Salt of Tears, de Philippe Garrel, sobre todo pola súa paleta monocromática e os seus matices existenciais. A película... Ler máis

BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (2/3)

Never Rarely Sometimes Always, de Eliza Hittman © Focus Features Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial da 70ª Berlinale. Never Rarely Sometimes Always, de Eliza Hittman, é unha desas estrañas experiencias transformadoras: unha invitación a observar algo cotián a través dunha perspectiva diferente. Unha desas... Ler máis

BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (1/3)

There Is No Evil, de Mohammad Rasoulof © Cosmopol Film A 70ª edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (20 de febreiro – 1 de marzo) chegou acompañada dunha gran expectación. Despois de 18 anos baixo a dirección do alemán Dieter Kosslick, durante os cales o prestixio do festival e a calidade xeral das obras seleccionadas diminuíu progresivamente, o 2020... Ler máis

LAS LETRAS DE JORDI, de Maider Fernández Iriarte

Comezar falando dunha película coma unha pequena fiestra que nos amosa anacos dun mundo máis ou menos grande, podería parecer unha valoración manida ou pouco ousada. Despois de todo, o cine sempre foi unha porta a novas realidades. Sen embargo é a definición que máis xustiza lle fai ao que nos poderemos atopar en Las letras de Jordi, a ópera prima da directora vasca Maider... Ler máis

Maddi Barber: “Creo que o cine pode xerar alianzas no mundo rural”

A cineasta Maddi Barber (Lakabe, 1988) regresa ao Festival Punto de Vista para presentar o seu último traballo, Gorria, polo que gañou o Premio X Films na última edición do encontro navarro. Tralo éxito das súas anteriores curtametraxes, o tándem formado por 592 metroz goiti e Urpean Lurra, proxectadas en numerosos festivais nacionais e internacionais, Barber converteuse... Ler máis

MONOS, de Alejandro Landes

A perda da inocencia e o paso da adolescencia á etapa adulta son temas ben habituais no cinema contemporáneo. Este período corresponde co descubrimento da identidade dun mesmo e a conformación do adulto que, de aquí en diante, será responsable de si mesmo e das súas accións. Se ben abonda pensar apenas uns segundos para atopar referentes neste sentido, hai outros filmes... Ler máis

SINÓNIMOS, de Nadav Lapid

Ser francés Sinónimos é unha película diversa e irregular como un diario persoal. Durante dúas horas sucédense as anécdotas sen que cheguen a desenvolver unha trama aparente. Teñen, con todo, un centro de gravidade. O actor Tom Mercier, que debuta de maneira asombrosa nesta película, paséase co seu abrigo prestado polas rúas de París. Conta as súas historias de Israel... Ler máis

SALOMÉ LAMAS: “ESCOLLO PROXECTOS SEGUNDO A CURIOSIDADE QUE ME PROVOCAN OS LUGARES”

Podes ler a entrevista completa, aquí. O Festival Intersección dedicou unha retrospectiva ao traballo da directora Salomé Lamas (1987, Lisboa). A súa obra expándese desde o cinema ata a performance, a instalación ou a escritura. É autora de películas como A Comunidade (2012), El Dorado (2016), ou o proxecto Extraction: The Raft of the Medusa, que comprende dúas películas,... Ler máis

AD ASTRA, de James Gray

O futuro próximo. Un tempo de esperanza e de conflito. A humanidade mira ás estrelas en busca de vida intelixente e a promesa de progreso. … Ás estrelas. Ad Astra. 1. O regreso do fillo pródigo Todo comeza para James Gray co regreso do fillo pródigo. Un asasino profesional volve ao barrio en que creceu (Little Odessa), un expresidiario volve a casa decidido recuperar a... Ler máis

SO LONG, MY SON, de Wang Xiaoshuai

Durante a pasada edición da Berlinale, o realizador chinés Wang Xiaoshuai presentaba en competición a monumental So Long, My Son, posiblemente a cinta máis sólida dunha Sección Oficial con bastantes altibaixos (podes ler a nosa crónica completa aquí). Recoñecido como un dos compoñentes da chamada “Sexta Xeración” do cinema chinés, Xiaoshuai é un rostro habitual... Ler máis