Carlos Pardo Ros: “Entendo o cine como unha forma de traballo comunitario”
O 12 de xullo de 1969, en plenos Sanfermines, un touro matou a H dunha cornada no corazón. H era o tío de Carlos Pardo Ros, e o relato, unha desas narracións familiares que se escoitan unha e outra vez até chegarnos completamente alteradas segundo a versión. Hoxe, Carlos traslada ao cine aquela noite pamplonesa para convertela nunha historia contemporánea de pantasmas e existencialismos, onde a misteriosa figura daquel home multiplícase e desvanécese na escuridade. Con... Ler máis
Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido
Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes. Uns diarios que, como todos, non buscan recoller de forma metódica todo... Ler máis
LAS LETRAS DE JORDI, de Maider Fernández Iriarte
Comezar falando dunha película coma unha pequena fiestra que nos amosa anacos dun mundo máis ou menos grande, podería parecer unha valoración manida ou pouco ousada. Despois de todo, o cine sempre foi unha porta a novas realidades. Sen embargo é a definición que máis xustiza lle fai ao que nos poderemos atopar en Las letras de Jordi, a ópera prima da directora vasca Maider Fernández Iriarte. Da man da cineasta e a súa cámara, imos entrando pouco a pouco no mundo de... Ler máis
MÁRGENES 2019: EL PRESENTE. NARRACIÓN E VANGARDA
“Cinco cineastas, nacidos a ambos os dous lados do Atlántico, cuxos debuts ou consagracións autorais estreáronse este ano nos festivais internacionais de maior renome, representan o presente e o futuro dese cinema activista, pelexado nas marxes, que impulsou e abandeirou este certame durante nove edicións”. Así presenta o catálogo da novena edición do festival Márgenes a sección El Presente, dedicada ao cinema iberoamericano. A selección incluíu títulos de Brasil,... Ler máis
MÁRGENES 2019: UN ARQUIVO, DISTINTOS SIGNIFICADOS
Xusto a tempo para poder formar parte das compilacións do mellor do ano, o Festival Márgenes volve a inundar os fogares cun cinema independente que loita para poder ter espazo nas salas. Quizais por esta loita, o espazo que reclama Márgenes é o da web; así, toda a selección de filmes da Sección Oficial do festival atópase dispoñible na súa web no período entre Novembro e Decembro. Nove edicións onde o público pode, desde a comodidade do fogar, acceder ás marxes... Ler máis
Curtocircuíto 2018: Roberto Minervini, a vida nas marxes
“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.” ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis
MÁRGENES 2017: SECCIÓN OFICIAL
A chegada do mes de decembro adoita indicar o comezo do repaso do que deu o ano en cuestión en materia de cinema. Porén, desde hai xa 8 anos, hai un festival que reivindica este espazo temporal para ofrecer unha programación arriscada que dá voz a aquelas producións que se moven alén do tradicional e que, en moitas ocasións, non teñen a suficiente visibilidade. É o Festival Márgenes, que atopa xa no seu propio nome as razóns de ser: ollar nas marxes, naqueles espazos... Ler máis
DEBATE SOBRE DISTRIBUCIÓN (2/2)
Vén de aquí. __________ ¿Tódolos mercados funcionan para tódolos filmes? DIEGO RODRÍGUEZ (MÁRGENES) – Para o escaneo latinoamericano, nós temos unha serie de colaboradores que exercen de antenas repartidas por tódolos espazos onde Márgenes ten sede oficial do seu certame anual, Montevideo, Bogotá, Bos Aires, México DC e Santiago de Chile. Para os filmes españois acudimos aos festivais nacionais máis importantes. Outra fonte da que nos nutrimos ten que ver... Ler máis
DEBATE SOBRE DISTRIBUCIÓN (1/2)
O mercado da distribución, coma o da produción e a exhibición, está a cambiar moito cos adiantos tecnolóxicos da proxección dixital en DCP e vai unido moi estreitamente á aparición de salas, que programan fóra das grandes superficies propostas independentes e en versión orixinal. As novas distribuidoras de cinema independente que tamén viñeron aparecendo nos últimos tempos chegan para fornecer de contido a esas salas, nun sector moi precarizado, mais no que parecen... Ler máis
MÁRGENES 2015: NOVAS FORMAS DE OLLAR
A cotío a programación dos festivais máis alternativos prestan atención a filmes que buscan novas olladas ante o coñecido. É o caso de Márgenes. Se ben os filmes seleccionados na Sección Oficial son singulares e diferentes entre si, existe unha certa tendencia entre todos eles a estudar o espazo, a cidade, a través do cine. Desde a inmensidade da cidade de Los Ángeles ao espazo pechado que os muros de La Sombra recollen, os filmes da V edición buscan unha nova forma... Ler máis