Víctor Paz Morandeira
Artigos de Víctor Paz Morandeira:
As Neves, de Sonia Méndez
Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío... Ler máis
As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica
Hai cincuenta anos a Revolución dos Cravos en Portugal puña fin a preto de medio século de ditadura salazarista. De entre os diversos filmes que se teñen feito sobre o tema, As Armas e o Povo, do Colectivo dos Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, é un dos que máis destaca por diversos motivos. En primeiro lugar, inmortalizou in situ o acontecemento, con todo o valor... Ler máis
Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?
Man in Black, de Wang Bing Persiste esa crenza estúpida e difícil de tombar de que as curtas son un formato de aprendizaxe. Pois ben, este ano Cannes programou pezas breves, ademais da xa comentada de Jean-Luc Godard, de Wang Bing, Pedro Costa e Man Ray. Serven para desmentir esta aseveración tan repetida? O chinés asina en Man in Black (2023) un exercicio que está entre a... Ler máis
Cannes 2023 (IV): os mundos de Yupi
Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki Cando falamos de Le fabuleux destin d’Amélie Poulain (Jean-Pierre Jeunet, 2001), habitualmente critícaselle o feito de que a historia ten lugar nunha burbulla, un mundo fantástico que non é o París real, no que todos son brancos, non hai problemas sociais e todo é magnífico. É unha análise non compartida por moitos outros críticos,... Ler máis
Cannes 2023 (III): a ficción invade a realidade
Cerrar los ojos, de Víctor Erice Mediados dos anos corenta, unha mansión no medio dun bosque, Triste-le-Roi, nas aforas de París. Un home corpulento, un tal Franch, cunha gabardina que lle dá aires de detective (José Coronado), é recibido por un servinte chinés e conducido a falar cun vello e moribundo sefardí, o sr. Lévy (Josep Maria Pou). Este encárgalle ao primeiro,... Ler máis
Cannes 2023 (II): quen controla o relato, ten o poder
May December, de Todd Haynes Todd Haynes ten unha longa e diversa filmografía, pero seguramente sexa recoñecido sobre todo por revitalizar a tradición melodramática do cinema norteamericano con fitas como Far From Heaven (2002) ou Carol (2015). O seu último filme, May December (2023), presentado esta semana en Cannes, garda relación temática con estas no sentido en que desenvolve... Ler máis
Cannes 2023 (I): eterno Godard
Cada vez que sae un filme de Jean-Luc Godard, isto convértese nun acontecemento na comunidade cinéfila. Se esta é unha fita póstuma e se presenta en Cannes, o asunto adquire dimensións colosais. Así foi o noso bautismo onte nesta cita festivaleira. A sala Debussy, espazo dedicado ás propostas máis autorais e a preferida do certame para JLG en vida, repleta para ver unha... Ler máis
Berlinale 2023 (VII): grandes autores fan experimentos
in water, de Hong Sang-soo Concluímos as nosas crónicas dende Berlín coa volta de dous autores de primeira, João Canijo e Hong Sang-soo. O portugués presentou o seu díptico Mal Viver (2023) e Viver Mal (2023), unha serie de retratos adaptados de August Strindberg que xiran en torno ás relacións de varios burgueses nun sofisticado hotel en decadencia. Outro sueco, Ingmar... Ler máis
Berlinale 2023 (VI): gran cinema alemán
Music, de Angela Schanelec Ata os máis grandes festivais —estes ás veces máis— teñen as súas cotas nacionais. Mentres sexan como as desta Berlinale, todo correcto. Christian Petzold e Angela Schanelec son dous grandes pesos contrastados e este ano entregaron dous filmes notables. Petzold vén de filmar un par de películas, Transit (2018) e Undine (2020), que son adaptacións... Ler máis
Berlinale 2023 (V): Lois Patiño reinventa o cinema
Samsara, de Lois Patiño Ler máis Read More