Carlos Pardo Ros: “Entendo o cine como unha forma de traballo comunitario”

O 12 de xullo de 1969, en plenos Sanfermines, un touro matou a H dunha cornada no corazón. H era o tío de Carlos Pardo Ros, e o relato, unha desas narracións familiares que se escoitan unha e outra vez até chegarnos completamente alteradas segundo a versión. Hoxe, Carlos traslada ao cine aquela noite pamplonesa para convertela nunha historia contemporánea de pantasmas e existencialismos, onde a misteriosa figura daquel home multiplícase e desvanécese na escuridade. Con... Ler máis

María Cañas: “Estou comprometida coa idea de cultura colectiva”

Logo de triunfar na pasada edición do festival Punto de Vista, alzándose co premio da sección X Films, María Cañas (Sevilla, 1972) volve a Pamplona para amosar os froitos deste galardón, destinado á produción dunha obra desenvolvida en Navarra. Desde A Cuarta Parede temos a sorte de volver a sentarnos con ela para facer un repaso aos seus últimos proxectos, a súa visita ao festival e as recentes polémicas nas que se viu envolta. Guerrilleira, irreverente, surrealista. Caníbal... Ler máis