LAS LETRAS DE JORDI, de Maider Fernández Iriarte

Comezar falando dunha película coma unha pequena fiestra que nos amosa anacos dun mundo máis ou menos grande, podería parecer unha valoración manida ou pouco ousada. Despois de todo, o cine sempre foi unha porta a novas realidades. Sen embargo é a definición que máis xustiza lle fai ao que nos poderemos atopar en Las letras de Jordi, a ópera prima da directora vasca Maider Fernández Iriarte. Da man da cineasta e a súa cámara, imos entrando pouco a pouco no mundo de... Ler máis