Wes Anderson: a depuración dun estilo
Moonrise Kingdom (2012) Dende neno, Wes Anderson (Houston, 1969) sempre estivo interesado no mundo do celuloide, e incluso actuou en pequenas obras de teatro na escola. Estudou filosofía na Universidade de Texas, onde coincidiu co actor Owen Wilson, co cal formaría unha sorte de comuñón artística que empuxaría as súas primeiras obras para posteriormente acompañalo na maior parte da súa filmografía. Xunto a el, acadou o primeiro dos seus tres nomeamentos aos Premios Óscar... Ler máis
Curtocircuíto 2018: Roberto Minervini, a vida nas marxes
“I wonder how many people I’ve looked at all my life and never seen.” ― John Steinbeck, The Winter of Our Discontent Seguindo o ronsel de grandes nomes do cinema mundial como Teddy Williams, Sergei Loznitsa ou Jørgen Leth, a 15º edición do Festival Internacional Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela do 29 de setembro ao 7 de outubro, adica unha das súas retrospectivas ao realizador italiano Roberto Minervini (Fermo, 1970). Coñecido principalmente... Ler máis
STOP THE POUNDING HEART, de Roberto Minervini
A traxedia dos corazóns desbocados Stop the Pounding Heart (2013) é unha cámara orbitando arredor dunha galaxia afastada, unha ollada a un mundo alleo que vén a explicar os mecanismos universais polos que se rexe o noso propio. Roberto Minervini é quen peta na porta deste recuncho da Texas profunda e semella que a súa presenza non incomoda aos seus anfitrións. Desta forma elabora unha narración híbrida que tanto poderiamos dicir que ofrece unha ficción con recursos... Ler máis