Vitorias agridoces dun camarada ianqui: Catro obras de Jon Jost

Last Chants for a Slow Dance (1977) Lembro estar vendo laSexta 3 (era pequeno, debía estar ou no último ano da primaria ou no primeiro da secundaria) e que falaran de Pulp Fiction como unha obra independente, barata, case underground. Non deixaban de repetir que a obra só custara oito millóns de dólares. “Só?”, preguntábase un novo e inocente Sohu. “Como que soamente oito millóns?”, repetía sen ser capaz de articular unha resposta. A miña mente preadolescente... Ler máis

Wes Anderson: a depuración dun estilo

Moonrise Kingdom (2012) Dende neno, Wes Anderson (Houston, 1969) sempre estivo interesado no mundo do celuloide, e incluso actuou en pequenas obras de teatro na escola. Estudou filosofía na Universidade de Texas, onde coincidiu co actor Owen Wilson, co cal formaría unha sorte de comuñón artística que empuxaría as súas primeiras obras para posteriormente acompañalo na maior parte da súa filmografía. Xunto a el, acadou o primeiro dos seus tres nomeamentos aos Premios Óscar... Ler máis

The Florida Project, de Sean Baker

No ano 2015, durante o Festival de Cine de Sundance, o director Sean Baker acaparou todas as miradas coa estrea do seu rompedor filme Tangerine (2015). Rodada integramente con teléfonos iPhone, a película converteuse nunha das grandes sensacións do certame estadounidense. Nun primeiro momento, a proeza técnica da cinta ocupou case todos os titulares na prensa especializada. Porén, foron a súa historia e particular enfoque os que sinalaron a Baker como un dos directores... Ler máis