Galicia, paisaxe de sangue
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Jacinto, de Javi Camino Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual galego: Galicia, paisaxe de sangue, de Juan Ares. Segundo o xurado, “unha obra de valor pola análise que presenta da paisaxe galega como espazo de desenvolvemento de historias no cinema de terror”. Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura... Ler máis
Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Nos camiños, de Carme Nogueira Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego: Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira, de Breogán Xague. O xurado destacou a elevada calidade da proposta “grazas a un texto arriscado pola formulación e enfoque orixinal, cunha esencia plural e aberta”. Os premios levan o nome... Ler máis
Vitorias agridoces dun camarada ianqui: Catro obras de Jon Jost
Last Chants for a Slow Dance (1977) Lembro estar vendo laSexta 3 (era pequeno, debía estar ou no último ano da primaria ou no primeiro da secundaria) e que falaran de Pulp Fiction como unha obra independente, barata, case underground. Non deixaban de repetir que a obra só custara oito millóns de dólares. “Só?”, preguntábase un novo e inocente Sohu. “Como que soamente oito millóns?”, repetía sen ser capaz de articular unha resposta. A miña mente preadolescente... Ler máis
Ángel Filgueira: “Un dos retos do filme foi intentar fuxir dunha imaxe máis pornográfica e así naturalizar un contido que tira moito cara ao sexual”
Ángel Filgueira pechou a oitava edición de Novos Cinemas coa estrea en Galicia da súa primeira longametraxe de ficción, Canto toco un animal, protagonizada por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro, e producida por Sétima, a produtora galega fundada por Anxos Fazáns e Silvia Fuentes. Explorando o traballo previo de Filgueira, incluída unha curtametraxe titulada As ondas, que serviu como experiencia previa e toma de contacto do equipo para a creación deste filme,... Ler máis
Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Matria, de Álvaro Gago O 2023 quedará marcado nas enciclopedias do cinema galego coma o ano no que tres filmes saídos da nosa terra participaron no prestixioso festival de Berlín. Con Lois Patiño non é literal, pois sitúa Samsara (2023) en Laos, mais Carla Subirana e Álvaro Gago poñen acento local ás historias que contan dende a Costa da Morte e as Rías Baixas, respectivamente con Sica (2023) e Matria (2023). Precisamente este último foi un dos primeiros filmes vistos... Ler máis
O corpo aberto, de Ángeles Huerta
O corpo aberto é a segunda longametraxe de Ángeles Huerta — baseada no relato Lobosandaus (1991), de Xosé Luís Mendéz Ferrín —, e a primeira de ficción, aínda que o rexistro da acción e a radiografía sociolóxica ben documentada sobre esa Galicia fronteiriza de comezos do século XX poida levarnos a pensar o contrario. Porén, co paso dos minutos, é fácil decatarse, non só da dinámica e gratificante confluencia de xéneros, a priori tan distantes, como o drama... Ler máis
Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica
Augas abisais, de Xacio Baño Curtocircuíto volveu a Santiago de Compostela un ano máis como un dos festivais con programacións máis frescas e arriscadas de toda Galicia. Asistimos a Planeta GZ, onde se agrupan algunhas das curtametraxes máis destacables do panorama autonómico do último ano. Chama a atención, unha vez máis, o choque xeracional cada vez máis consolidado que existe —e toda a diversidade que esta ponte supón—, entre voces habituais como Eloy Domínguez... Ler máis
Intersección 2020: Hipocampo e radicalidade
4 apuntamentos que atravesan Lume e Inside the Microtubule, dúas pezas da sección Galicia do Festival Intersección 2020. Captura de ‘Inside the Microtubule’, recollida no Instagram de Judith Adataberna Imaxe mental e imaxe física No enfrontamento a calquera imaxe xérase unha imaxe interior. É dicir, ante unha imaxe exterior ao noso corpo humano -unha imaxe física- hai unha proxección interna, de forma que os conceptos de imaxe física e imaxe mental entran... Ler máis
O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE
O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS
Fotografía: David Cruces Desde o seu nacemento hai catro edicións ata hoxe, Novos Cinemas consolidouse como un festival onde o amor polo cinema traspasa as pantallas. O equipo de programación, conformado por Suso Novás e Ángel Santos, escolle con coidado unha selección de primeiras ou segundas longametraxes para dar conta do que foi o ano. Unha selección que, aínda que involuntariamente, fala entre si sobre crises existenciais, crises amorosas, o colonialismo do turismo,... Ler máis