As etiquetas do cine tamén van e veñen
Santoalla, de Andrew Becker & Daniel Mehrer Texto elaborado para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’, organizado en colaboración co Play-Doc 2024. Na primavera chega sempre o Play-Doc, o festival de cine documental de Tui, que nesta edición cumpriu 20 anos de traballo divulgativo incansable e con moitos momentos importantes e inesquecibles, e sempre moi agarimoso co cinema de non ficción feito no país e coas súas equipas, que seguen alá concentrándose... Ler máis
Número 48
Como cada ano, a industria cinematográfica mundial asiste á súa cita ineludible na Croissette, acaparando o foco mediático e marcando a axenda do sector. Máis aló das queixas e polémicas recorrentes, tanto as referentes á programación como ás trabas técnicas ás que deben enfrontarse os asistentes na realidade pospandémica, o certo é que o Festival de Cannes segue sendo o encontro máis influínte e polarizante do mundo do cinema. Ante o seu innegable impacto prescritivo,... Ler máis
Número 47
© Aigi Boga A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía evidente a necesidade dunha colaboración máis estreita entre A Cuarta Parede e a Academia. Por... Ler máis
Margarita Ledo: “Construínme a base de negacións”
© AIGI BOGA / AGA Margarita Ledo Andión contesta sempre rápido. Aos correos, ás mensaxes e ás preguntas. É unha boa conversadora. Tamén é cineasta, catedrática e membro da Real Academia Galega. Coordina o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, onde investiga sobre políticas de comunicación e cultura, entre outras moitas cousas. Margarita escribía poesía. Tivo que exiliarse a Portugal pola súa militancia. Botou a andar a Facultade de Comunicación de Santiago. Recibiu... Ler máis
O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE
O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis
AS POLÍTICAS AUDIOVISUAIS ANTE O 20-D: UN DEBATE DENDE GALICIA
Ante a cita do 20-D coas urnas nas eleccións xerais, a Academia Galega do Audiovisual quixo coñecer de primeira man as propostas que, en materia de política audiovisual, presentan as principais formacións políticas. Para iso organizou unha mesa redonda na que participaron catro dos candidatos ó parlamento español por Galicia: Juan de Dios, polo Partido Popular, Ricardo García Mira, polo PSdeG-PSOE, Isabel Risco, como representante de Nós-Candidatura Galega e Ángela Rodríguez... Ler máis