Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa

Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa

Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste... Ler máis

Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”

Helena Girón

Nas curtametraxes de Helena Girón e Samuel M. Delgado é fácil advertir, tanto na súa temática como na súa forma, os grandes piares sobre os que constrúen a súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte (2021), que acaba de estrearse en salas. Un destes alicerces é a pulsión por internarse nos aspectos non oficiais da historia e descubrir relatos que foran esquecidos.... Ler máis

Las Palmas 2022: O limbo e a familia

Memoryland, de Kim Quy Bui

La edad media, de Alejo Moguillansky A 21.ª edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, a primeira que os espectadores puideron ver en cines e sen máscara desde que se cancelou a de 2020, xira ao redor da familia. A familia e a pandemia, aínda que ambos os temas distribuíronse de maneira desigual entre a ficción e o documental nun festival sempre... Ler máis

Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado

Eles transportan a morte

Nos anteriores traballos de Helena Girón e Samuel Delgado —curtametraxes como Sin Dios ni santa María (2015) ou Plus Ultra (2017)— xa se observaban certos trazos e inquedanzas que agora podemos ver desenvolvidos na súa valente e rebelde ópera prima, que lles permitiu percorrer festivais de todo o mundo recollendo premios como os conseguidos en Venecia e Novos Cinemas (ler... Ler máis

Danny Lyon: Retratista do desarraigo

Un ano máis o Play-Doc de Tui volve exhibir músculo coas súas retrospectivas. Entre o 4 e o 8 de maio poderase ver no festival tudense a obra de Danny Lyon, reputado fotógrafo cuxa traxectoria cinematográfica é absolutamente descoñecida. Este ciclo é o primeiro que se lle organiza a nivel internacional, fóra dos seus natais Estados Unidos. ‘Estados Quebrados’... Ler máis

Alcarràs, de Carla Simón

Alcarràs, de Carla Simón

Alcarràs é unha pequena localidade rural preto de Lleida. A subsistencia da agricultura familiar é algo cada vez máis complicado, e a forma tradicional e menos invasiva de cultivar a terra está a desaparecer, principalmente pola inacción dos gobernos e as malas transicións propostas para un progreso que xa é imparable. O problema son os mecanismos e as forzas que actúan... Ler máis

17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais

El síndrome de los quietos, de León Siminiani

A Portrait on the Search for Happiness, de Benjamin Rost Volvemos un ano máis para dar conta da décimo sétima edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego. Unha nova selección de pezas que nos permitiron entrar en contacto con problemáticas que atravesan á sociedade actual en diferentes puntos do mundo, e que este ano... Ler máis

París, Distrito 13, de Jacques Audiard

© Shanna Besson / Avalon

© Shanna Besson / Avalon A sensibilidade non ten nada que ver coa experiencia á hora de facer unha película. A sensibilidade tense, a experiencia gáñase, pero cando se xuntan as dúas cousas o resultado pode rozar o imposible. Jacques Audiard é un veterano, e nótase, pero non vive de rendas, xa que o seu cine sempre soubo retratar e captar as preocupacións das distintas... Ler máis

Punto de Vista 2022: Sección Oficial

Self-Portrait: Fairy Tale in 47KM, de Mengqi Zhang

Evangelio Mayor, de Javier Codesal Asimilar a importancia do herdado e cimentar o seu traballo no camiño xa percorrido. Con esas intencións encaraba o seu labor o equipo comandado por Manuel Asín, novo director artístico da que por méritos propios cabe situar entre as citas máis senlleiras do panorama do cine documental europeo. Este décimo sexto Punto de Vista convocábanos... Ler máis

Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica en formato podcast’

Nos últimos anos, o mundo dos podcasts experimentou un auxe sen precedentes, converténdose nun dos formatos máis consumidos a nivel mundial. Como non podía ser doutro xeito, dentro da inmensa variedade de contidos que ofrece este modelo de comunicación, atopamos numerosas iniciativas de ámbito nacional e internacional centradas na crítica de cinema, que aproveitan as particularidades... Ler máis