17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais
A Portrait on the Search for Happiness, de Benjamin Rost Volvemos un ano máis para dar conta da décimo sétima edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego. Unha nova selección de pezas que nos permitiron entrar en contacto con problemáticas que atravesan á sociedade actual en diferentes puntos do mundo, e que este ano encontrou o seu foco na cuestión do traballo, vencellada aos contextos políticos, sociais e económicos... Ler máis
Fon Cortizo: “O cinema é unha arte de creación colectiva e eu quería recuperar esa esencia”
Fon Cortizo propón 9 fugas (2020) que son tanto musicais como cinéticas na súa segunda longametraxe tras Contrafaces (2015). Presentada onte no Festival Internacional de Cinema de Xixón, que este ano se fai enteiramente online, pode verse en Filmin ata o 26 de novembro ás 20 horas, sempre que non se superen os 1.000 visionados marcados como tope desta sorte de salas virtuais. Falamos con el para que nos explique os detalles desta produción rodada dende a improvisación... Ler máis