O CINEMA GALEGO ANTE UNHA NOVA CRISE

O pasado 13 de marzo de 2020, decretouse o Estado de Alarma en todo o Estado Español por causa da crise sanitaria do COVID-19. Esta medida supoñía a supresión do dereito de libre movemento, así como a detención de todas as actividades non esenciais, entre outras medidas. A cultura, como xa demostraron as declaracións do Ministro Uribes no seu momento, non foi considerada como esencial, polo que festivais, estreas, rodaxes, producións, etc. tiveron que pisar o freo. En... Ler máis

Diana Toucedo: “Quería que a cámara fose unha personaxe máis, que vivise desde dentro a historia”

A directora Diana Toucedo presentou a súa primeira longa, Trinta Lumes, no Play-Doc 2018. Despois da boa acollida en diversos festivais de importancia coma o Festival de Málaga e a Berlinale, Play-Doc sumábase ás citas onde o filme de Toucedo saía con boas críticas. Falamos coa directora sobre o proceso de creación, as influencias culturais e máis. Xa tes traxectoria gravando en Galicia. Como xorde a idea de gravar no Courel? Levaba dez anos en Barcelona e alí aprendín... Ler máis

DOLORES MEIJOMÍN: “A POLÍTICA AUDIOVISUAL PODE MARCAR TENDENCIA”

Dolores Meijomín afrontou a coordinación da política audiovisual galega da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) nun momento no que diversas institucións que antes xestionaban o audiovisual na comunidade, se fusionaron todas neste único organismo. Era unha demanda repetida dende había tempo no sector. O único problema é que a suma das partes non fixo aumentar, nun contexto de crise económica, o orzamento da axencia, que xestiona agora todo o sector do audiovisual,... Ler máis

O FINANCIAMENTO DE CINEMA EN GALICIA, OU A IMPORTANCIA DO PÚBLICO

Momento da rodaxe de ‘El niño’, con Luis Tosar e Eduard Fernández. FOTO: Jose Haro. “Financiamos las películas con las ayudas del ICAA, en algunos casos las anticipadas y en otros a amortización; a veces vendemos solo los derechos de antena a TVE, y en otros proyectos sí participan Tele5 y Antena 3, tanto a través de los derechos de antena como en coproducción; solemos vender las películas a Canal+ y ahí también conseguir financiación; también coproducción... Ler máis

XESTIONANDO A NADA

Os responsables d´A Cuarta Parede pedíronme que escribise sobre “xestionar e declarar as axudas públicas recibidas para a produción cinematográfica” (sic.) para un número dedicado aos distintos modos de produción audiovisual. Nun principio resistinme, non tiña a menor intención de enzoufarme falando das miserias da industria cinematográfica. Iván Villarmea e Víctor Paz teimaron e ensináronme a “escaleta” do número e vin como facían unha desagregación de... Ler máis

Procesos #16 – Alberto Gracia

 O paso de Alberto Graciaipor Róterdam foi fugaz, non porque quedase poucos días na cidade holandesa, senón porque con el o tempo pasa rapidamente. Atopámonos por primeira vez en Cinerama, no primeiro pase da súa película, a “Estrea Mundial”. Todo sexa dito, ao equipo desta pequena produción de 10,000 euros, o titular parécelles un tanto absurdo. Aínda que o “absurdo” é, en palabras de Gracia, o tema central deste “experimento”. Xunto a Alberto chega Felipe... Ler máis

“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”

 Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos: a súa fundación, en 1885, o conflito sindical desenvolvido nos anos da II República e, especialmente,... Ler máis

Xacio Baño: “A vida é moito máis”

  Xacio Baño (Xove, 1983) chegou ao cinema “case por accidente”, segundo as súas propias palabras. Debutou en 2009 coa curta Quentefrío, “unha trasnada”, e deixou a súa pegada no audiovisual galego con tres proxectos máis, Relación de acordes (2009), Estereoscopía (2011) e, sobre todo, Anacos (2012), exhibido en máis de trinta festivais, o último o de Clermont-Ferrand, polo que pasou a finais de xaneiro. Beneficiario en varias ocasións das axudas ao talento... Ler máis

O CINEMA DE PEQUE VARELA

 “CANTO MÁIS PERSOAL E HONESTA É A HISTORIA QUE CONTAS, MÁIS UNIVERSAL SERÁ”  · Peque Varela (Ferrol, 1977), galega afincada en Londres, escolleu para expresarse o camiño do cine de animación. Ten unha produción relativamente escasa ás súa costas, pero  todo o que saíu da súa sala de montaxe logrou cautivar á critica. A curtametraxe que  lle servíu como traballo de fin de carreira na Universidade de Westminster, 1977,  chegou a presentarse no... Ler máis