É O AMOR, de João Canijo

Da experiencia do amor: un filme-proceso No 2012, o festival de cinema Curtas Vila do Conde organizou o Campus/Estaleiro, un programa intensivo con estudantes de cinema da rexión do Porto que, como corolario, produciu diversas curtametraxes, poñendo en contacto a eses estudantes con realizadores profesionais. Nese contexto, xurdiu unha proposta directa para o cineasta João Canijo:... Ler máis

FALAR SOBRE ‘FÓRA’ PARA FALAR SOBRE CONXO

Mónica Gorenberg é unha psicóloga e psicanalista arxentino-aragonesa á que lle preguntamos hai unhas semanas a súa opinión sobre Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, 2012). A idea non é que ela, que é moi cinéfila, nos escriba unha crítica cinematográfica do filme, senón máis ben que faga unha lectura, a súa lectura, dende o punto de vista da psiquiatría. Cando... Ler máis

“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”

 Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos:... Ler máis

PLAY-DOC 2013: RETORNO AO FOGAR

No Play-Doc de 2012 houbo unha temática común nas películas a concurso. Eran películas viaxeiras, onde o director ía na busca de algo que non tiña moi claro. Dunha busca estética no caso de Ben Rivers, na busca dun rexistro social, incluso antropolóxico en Yatasto, Viktor Kossakovsky buscaba o paraíso perdido, Mirage de Srdan Keca filmaba o futuro ameazante do capitalismo... Ler máis

THE FORGOTTEN SPACE, de Allan Sekula & Nöel Burch

Nunca é tarde para un bo filme: o miniciclo ‘O Estado do Mundo’, que o CGAI organizou ao longo desta semana, ofrécenos unha boa oportunidade para revisar este documental que no seu día non tivo a difusión que merece. Partindo da poderosa metáfora dun buque portacontenedores que cruza o mar con destino ignoto, a parella creativa formada polo fotógrafo Allan Sekula... Ler máis

NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN

Nicolas Winding Refn púxose no mapa a nivel mundial coa súa penúltima película (Drive, 2011), pero antes de lograr certa relevancia mediática con aquel proxecto xa realizara oito longametraxes (unha delas para televisión) e varias incursións en publicidade e curtametraxes; o seu filme debut, Pusher, realizado cando contaba tan só con 24 anos, foi de feito unha adaptación... Ler máis

JAGTEN, de Thomas Vinterberg

Víctimas Hai década e media, Festen (Thomas Vinterberg, 1998), o título fundacional do movemento Dogma 95, abordaba un dos tabús máis incómodos para a sociedade actual: a pederastia. Quince anos despois, o seu director, Thomas Vinterberg, regresa con Jagten a ese mesmo tema, mais desta vez para amosarnos unha realidade que se atopa á outra banda do espello: a experiencia... Ler máis

HEISE, FRAGMENTOS DA RDA

Que debe facer un libro nado dunha retrospectiva nun festival? Deixar testemuño do que foi o ciclo ou complementalo cunha lectura das películas e realizar un convite a visionalas para aqueles que non puideran asistir ao evento? Semella máis construtivo e estimulante o segundo. Habitualmente, atopámonos máis ben co primeiro, unha amalgama de recensións apresuradas, sen moito... Ler máis

GUY MADDIN: MÍMESE E AUTOFICCIÓN

Un ollo ben aberto mira fixamente ao espectador: é o ollo fendido de Un chien andalou (Luis Buñuel, 1929), o ollo da cámara en Человек с киноаппаратом (Dziga Vertov, 1929), o ollo morto que abría Vertigo (Alfred Hitchcock, 1958) ou o ollo conxelado -e a punto tamén de morrer- que pechaba Vai~E~Vem (João César Monteiro, 2003). Se hai unha imaxe que se... Ler máis

BARBARA, de Christian Petzold

Derribar o Muro Ante a apropiación pola banda da industria de Hollywood de calquera relato relacionado coa Segunda Guerra Mundial e o nazismo para fabricar as súas grandes epopeas cinematográficas, o cinema alemán tivo que procurar o seu oco noutros períodos da historia recente. Por este motivo, a nova vaga de directores xermanos centra a súa ollada nos últimos tempos da... Ler máis