PHOENIX, de Christian Petzold

Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die Ehe der Maria Braun (Rainer Werner Fassbinder, 1979) e Europa (Lars von Trier, 1991). Vimos como volvía... Ler máis

LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS

O conflito bélico, nas súas distintas magnitudes, estivo moi presente na edición 2014 do London Film Festival. Non é que este feito nos sorprenda, posto que o cinema, en moitos casos, convértese nunha plataforma de denuncia e de representación dunha realidade que por cuestións xeográficas, históricas, económicas ou políticas non chega até nós. Este foi o caso, por exemplo, do filme gañador na sección oficial documental, Silvered Water, Syria Self-Portrait (Ossama... Ler máis

BARBARA, de Christian Petzold

Derribar o Muro Ante a apropiación pola banda da industria de Hollywood de calquera relato relacionado coa Segunda Guerra Mundial e o nazismo para fabricar as súas grandes epopeas cinematográficas, o cinema alemán tivo que procurar o seu oco noutros períodos da historia recente. Por este motivo, a nova vaga de directores xermanos centra a súa ollada nos últimos tempos da Alemaña Oriental, unha época menos ‘aireada’ na gran pantalla, mais igual de escura e... Ler máis