FIRST LOVE, de Takashi Miike
NIHILISTA E AGUDAMENTE LIXEIRO MIIKE “O ser humano é unha comedia, (…) dáo todo por encaixar, ata o punto que parece ridículo”. Son palabras de Takashi Miike en reflexión sobre a súa obra na campaña de promoción do seu último filme de estrea en España, First Love (初恋, 2019), e, debemos dicir que, por unha vez, último filme en xeral. Non sabemos se é a idade ou a COVID-19, mais o nipón non sacou película en 2020, e tampouco ningunha máis o ano pasado.... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (III / III): XAPÓN, MORTE E VIOLENCIA
A nosa crónica do certame londiniense, ofrecida en varias entregas, non podía concluír sen dar conta da presenza xaponesa na súa programación. Malia que as propostas máis novidosas xa se viran no Tokio International Film Festival –primeiro e principal escaparate da produción procedente deste país asiático– o London Film Festival reuniu algúns dos títulos máis emblemáticos de 2014. Iso si, botamos en falta a presenza dalgún filmes do Studio Ghibli, xa fose a... Ler máis
LONDON FILM FESTIVAL 2014 (I / III): RETRATO DESTAS GUERRAS
O conflito bélico, nas súas distintas magnitudes, estivo moi presente na edición 2014 do London Film Festival. Non é que este feito nos sorprenda, posto que o cinema, en moitos casos, convértese nunha plataforma de denuncia e de representación dunha realidade que por cuestións xeográficas, históricas, económicas ou políticas non chega até nós. Este foi o caso, por exemplo, do filme gañador na sección oficial documental, Silvered Water, Syria Self-Portrait (Ossama... Ler máis