PHOENIX, de Christian Petzold
Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die Ehe der Maria Braun (Rainer Werner Fassbinder, 1979) e Europa (Lars von Trier, 1991). Vimos como volvía... Ler máis
EDEN, de Mia Hansen-Løve
DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis
MAGICAL GIRL, de Carlos Vermut
A BELEZA, A PERVERSIÓN E O SER HUMANO Cando comezou o pase de prensa no Teatro Principal de Donostia non sei cantos xornalistas agardaban a revelación que supuxo Magical Girl. Penso que poucos. Algúns iamos en plena resaca de Eden (Mia Hansen-Løve, 2014), e malia que Magical Girl prometía non decepcionar, semellaba difícil manter tan entretido ao público durante dúas horas. Logo esas dúas horas resultaron ser moi curtas, porque Magical Girl envolve, desata... Ler máis
PELO MALO, de Mariana Rondón
Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade. E tamén amola que a maioría das opinións que consumamos sexan en realidade visións dende aquí... Ler máis
LA HERIDA, de Fernando Franco
As cousas son así: non hai comezo nin solución, estamos con Ana e sufrimos con Ana. Na primeira escena, o personaxe ten un ataque de ansiedade e o público debe ficar canda ela, malia que preferiríamos non estar alí, non compartir esa experiencia. Por sorte, La herida (Fernando Franco, 2013) non é un filme sádico: nunca ocorre nada extremo, ningún punto de inflexión, non hai crueldade, ao revés, hai case empatía cara a protagonista. Como ela, os espectadores quereríamos... Ler máis