La Bête, de Bertrand Bonello
Sempre fun fan do tópico hollywoodiense “dúas persoas coñécense dende crianzas e viven unha tensión romántica durante o resto da súa vida porque hai algunha forza mística que sempre fai que acaben xuntos”. Agora gústame un pouco menos, porque descubrín a súa versión superior grazas ao cinema da India: “Coñecémonos hai vidas pasadas e cada século os acontecementos fan que as nosas almas reencarnadas volvan atoparse dunha forma o doutra”. A forza xa non está... Ler máis
O trio em mi bemol, de Rita Azevedo Gomes
Na década de 1950, xorde en Francia un dos máis poderosos movementos cinematográficos: a Nouvelle Vague. Os artistas desta corrente rebélanse contra as estruturas cinematográficas dominantes ata o momento e reinventan a forma de facer cinema. Son novos e dominan a vangarda do sector durante anos. Unha das súas figuras máis relevantes é Éric Rohmer, autor de obras como Ma nuit chez Maud (1969) ou Quatre Aventures de Reinette et Mirabelle (1987), a cal está composta por... Ler máis
PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson
A oitava obra de PTA, Phantom Thread (2018), é unha película estraña e espléndida. Magnificamente confusa, o seu título dio todo. Esta é unha historia tanto de fíos coma de fantasmas. Ao longo de quilómetros de seda e tafetá, revélase a relación neurótica coa creación dun prestixioso deseñador de moda no Londres da posguerra, Reynolds Woodcock (Daniel Day-Lewis), e o seu amor obsesivo coas mulleres importantes da súa vida: a súa defunta nai, a súa irmá,... Ler máis
CALL ME BY YOUR NAME, de Luca Guadagnino
Existe un subxénero tan amplo de películas sobre amores adolescentes de verán que a temática debería ter categoría propia no pescudador de Filmaffinity. Por riba, dentro dese inxente corpus, a variante “espertar sexual na campiña italiana” debe ser unha das máis populares, pois poucos marcos haberá máis bucólicos para un idilio iniciático cás exuberantes paisaxes lombardesas ou toscanas bañadas pola cálida luz estival. Xa que logo, era preciso rodar unha nova... Ler máis
ON THE BEACH AT NIGHT ALONE, de Hong Sang-soo
Un dos textos máis fermosos que puiden ler este ano sobre a crítica de cinema é a transcripción do discurso que Roland Barthes adicoulle a Antonioni durante a homenaxe realizada ao cineasta na cidade de Bolonia. Nel, Barthes sinalaba as características que fan a un cineasta moderno e, en consecuencia, enumeraba tres virtudes que caracterizan a un verdadeiro artista: “a vixilancia, a sabedoría e a máis paradóxica de todas, a fraxilidade”. Aínda que o discurso ía dirixido... Ler máis
MARÍA (Y LOS DEMÁS), de Nely Reguera
A crise e as súas consecuencias parecen ter forzado un cambio de paradigma nos protagonistas de moitas películas españolas, especialmente naquelas de xoves directores. Se nos anos 90 e parte dos 2000 imperou o retrato dunha xuventude desnortada durante os vinte anos, na presente década obras de pelaxe e propósitos tan radicalmente distintos entre si coma Las altas presiones (Ángel Santos, 2014), 3 bodas de más (Javier Ruiz Caldera, 2013) o Requisitos para ser una persona... Ler máis
BUSÁN 2014 (II/II): LEE KWANG-KUK, DISCÍPULO DE HONG SANG-SOO
Primeira parte desta crónica aquí. __________ A marabillosa 경주 (Gyeongju, 2014) do director chino-coreano Lu Zhang leva o nome e está situada na cidade coreana de Gyeongju, un dos sitios que máis monumentos e tumbas ten en Corea. Facendo desta omnipresencia da Historia o escenario deste drama persoal, a cidade e estes personaxes atópanse nun punto intermedio entre o pasado e o presente, a vida e a morte, entre os vivos e os mortos: os visibles e os outros, cuxa presenza... Ler máis
EDEN, de Mia Hansen-Løve
DAFT PUNK E TÓDOLOS DEMAIS: UN PASEO POLO FRENCH TOUCH Mia Hansen-Løve (París, 1981) comezou como actriz e crítica de cinema, mais axiña descobriu que o que realmente desexaba era ser directora. Esa decisión levouna até onde está agora: con catro longametraxes realizadas podemos dicir que Hansen-Løve ten xa un estilo moi definido e moitas cousas que contar. A última edición do Festival de Donostia incluiu na súa sección oficial o seu último filme, Eden (2014),... Ler máis
Procesos #18 – Jonás Trueba
Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores profesionais con outros amateur, no ambiente do Madrid cinéfilo no que el se move día a día.... Ler máis