CALL ME BY YOUR NAME, de Luca Guadagnino

Existe un subxénero tan amplo de películas sobre amores adolescentes de verán que a temática debería ter categoría propia no pescudador de Filmaffinity. Por riba, dentro dese inxente corpus, a variante “espertar sexual na campiña italiana” debe ser unha das máis populares, pois poucos marcos haberá máis bucólicos para un idilio iniciático cás exuberantes paisaxes lombardesas ou toscanas bañadas pola cálida luz estival. Xa que logo, era preciso rodar unha nova... Ler máis