GIMCHEOUL, de Jorge Suárez-Quiñones Rivas

Aquí e alí. Todo está ocorrendo á vez para Gimcheoul. Gimcheoul é o título da terceira longametraxe do director Jorge Suárez-Quiñones Rivas (León, 1992). A obra audiovisual deste novo cineasta ten pasado por festivais internacionais de cinema como Filmadrid, Rotterdam, Alcine ou Curtocircuíto. A estrea mundial de Gimcheoul tivo lugar o pasado novembro na VII edición do Festival de Cine Márgenes, na sección Escáner, que ten como obxectivo examinar as diversas realidades... Ler máis

ON THE BEACH AT NIGHT ALONE, de Hong Sang-soo

Un dos textos máis fermosos que puiden ler este ano sobre a crítica de cinema é a transcripción do discurso que Roland Barthes adicoulle a Antonioni durante a homenaxe realizada ao cineasta na cidade de Bolonia. Nel, Barthes sinalaba as características que fan a un cineasta moderno e, en consecuencia, enumeraba tres virtudes que caracterizan a un verdadeiro artista: “a vixilancia, a sabedoría e a máis paradóxica de todas, a fraxilidade”. Aínda que o discurso ía dirixido... Ler máis

아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema estadounidense non lle deixou desenvolver esa obra nos seus propios termos. De volta á industria... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (II/II)

Esta crónica é a segunda parte da que publicamos aquí. Soon-Mi Yoo logra en ‘Songs From the North’ trazar un interesante retrato de Corea do Norte mediante imaxes de arquivo. Historias en minúscula Esa vontade de repasar a historia en maiúsculas está aínda noutros filmes da selección, mais dende o persoal, unha sorte de metáfora do eu. Como xa mencionaramos na crónica do FID Marseille, Marie Voignier realiza en Tourisme international (2014) unha visita a... Ler máis

OS FESTIVAIS DE CINEMA EN COREA DO SUR: UNHA CRÓNICA SOCIAL

Cando un se prepara para ir a un festival de cinema conta con pouca información: algunhas películas veñen precedidas de éxito noutros festivais, doutras non nos interesa tanto a película como a Guest Visit (presenza do director e staff durante a proxección e posterior diálogo co público) e da gran maioría, por ser estreas ou obras de directores noveles, non se ten máis información que a que se presenta no catálogo. Desta maneira un estuda a programación o mellor... Ler máis