CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN

Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis

INDIELISBOA 2015 (III/III): TODO É POSTA EN ESCENA

Esta crónica vén de aquí (primeira parte) e aquí (segunda parte). ‘Zucht und Ordnung’ (Jan Soldat, 2012). O real, construto ficcional Do lado dos documentais, as cuestións identitarias tamén estiveron presentes, mais se cadra o máis relevante das non ficcións do Indielisboa foron dúas liñas apuntadas, que cada vez cobran máis importancia no cinema do real contemporáneo. Dunha banda, varias propostas parecían preguntarse sobre a construción das ficcións... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (II/II)

Esta crónica é a segunda parte da que publicamos aquí. Soon-Mi Yoo logra en ‘Songs From the North’ trazar un interesante retrato de Corea do Norte mediante imaxes de arquivo. Historias en minúscula Esa vontade de repasar a historia en maiúsculas está aínda noutros filmes da selección, mais dende o persoal, unha sorte de metáfora do eu. Como xa mencionaramos na crónica do FID Marseille, Marie Voignier realiza en Tourisme international (2014) unha visita a... Ler máis

HOLLYWOOD TRAUMATIZADO: OS HEROES Á CAZA DO TERRORISTA

“Hai neste frenesí unha dimensión barroca que recorda que todos os filmes do autor son melodramas atormentados polo baleiro e a cuestión da perda ou a desaparición”. Alguén adiviña a que autor se está a referir Vincent Malausa? Pista. Isto saíu nos Cahiers du Cinéma do pasado xuño, e refírese á grande superprodución do verán… Aínda non? Ben, imos avanzar na crítica: “xa non se trata de buscar a emoción ou o clímax a toda costa, senón de cuestionar... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis