CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN

Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis

FOXCATCHER, de Bennett Miller

Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher (Bennett Miller, 2014) entraría de cheo dentro dese pequeno inventario. O propio Bennett Miller... Ler máis

LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau

Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis

GUNVOR NELSON: A CINEASTA INESPERADA

Ás veces un vai a un concerto, e resulta que o ‘telonero’ convértese na estrela. Non é que toque peor que a banda principal, simplemente é menos coñecida. E, dende ese momento, non podes deixar de seguir a ese grupo, escarvas en Internet para ver que outros temas teñen. Esa foi a sensación que nos deixou a cineasta sueca Gunvor Nelson a moitos no pasado Festival de Cinema Europeo de Sevilla (SEFF). Nun certame ateigado de boas cintas de actualidade, relucía... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA

Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis

SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA

“Repite unha mentira mil veces ata que se converta en realidade” Joseph Goebbels Diciamos na primeira crónica deste Sitges 2013 que o determinismo fatal apropiouse de boa parte das propostas da selección. Os dous títulos máis representativos, Only Lovers Left Alive (Jim Jarmusch, 2013) e The Congress (Ari Folman, 2013), contiñan ademais unha clara reflexión sobre os mecanismos de control social a través do poder das historias. A primeira imaxina uns vampiros,... Ler máis

PHANTOM LOVE, de Nina Menkes

EL BLANCO Y EL NEGRO · Calquera estratexia revolucionaria debe desafia-la representación da realidade; non é suficiente debater sobre a opresión da muller no texto fílmico; a linguaxe cinematográfica/ a representación da realidade tamén se debe cuestionar, para conseguir a distinción entre a ideoloxía e o texto. JOHNSTON, Claire: Women’s Cinema as Counter-Cinema, 1975. Phantom Love comeza cunha elegante escena de sexo de case tres minutos e medio de duración,... Ler máis

CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS

Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do período clásico, e que funcionaría en base a unha serie de conceptos pre-codificados. O segundo... Ler máis

UNA MUJER EN ÁFRICA, de Claire Denis

ESTA TERRA É MIÑA ·  Nun dos momentos máis belos de White Material, Maria (Isabelle Huppert), empequenecida e ataviada cun estival vestido rosa, queda soa nun campo; coa mirada ladeada a un infinito que semella non atopar. Detrás dela contemplamos un camiño de terra, áspero, que se alonga varios metros cara adiante. O camiño está resgardado por altos arbustos verdes e algunha que outra árbore que dan conta do salvaxe do lugar. Parece como se Maria tivese quedado atafegada,... Ler máis