LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau
Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis
A SPELL TO WARD OFF THE DARKNESS, de Ben Rivers e Ben Russell
MELANCOLÍA PRIMITIVA Os dous Ben coñecéronse en 2006 en Brigthon. Russell estaba de tour por Europa e Rivers levaba unha especie de cinemateca cuns amigos desde había 10 anos. Chamaron a Russell e ao seu amigo Jonathan Schwartz para que presentasen as súas películas alí. Rivers e Russell caéronse ben e fixéronse amigos. Máis tarde farían un tour conxunto por Nova Zelandia e Australia. Cada un presentaba cinco películas e falaban sobre elas. O programa titulábase... Ler máis