LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau

Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis