Cannes 2023 (III): a ficción invade a realidade
Cerrar los ojos, de Víctor Erice Mediados dos anos corenta, unha mansión no medio dun bosque, Triste-le-Roi, nas aforas de París. Un home corpulento, un tal Franch, cunha gabardina que lle dá aires de detective (José Coronado), é recibido por un servinte chinés e conducido a falar cun vello e moribundo sefardí, o sr. Lévy (Josep Maria Pou). Este encárgalle ao primeiro, anarquista que axudou a moitos xudeus a cruzar os Pireneos tras a guerra civil española, que lle traia... Ler máis
Locarno 2022: Non é certame para vellos
Stella est amoureuse (Sylvie Verheyde, 2022) Permítaseme iniciar esta crónica cunha confesión: creo que non hai xénero máis numeroso e habitualmente mediocre nos festivais de cinema que as historias coming of age. Por algún motivo, lexións de cineastas cren que contar o que lles pasou na adolescencia debe interesar á cinefilia mundial, como se fosen as únicas persoas que pasaron por desamores, descubriron o sexo a esa idade, tomaron conciencia política e tutti quanti.... Ler máis
Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos
Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis
CARLOS MARQUÉS-MARCET: “CREO QUE HAI QUE ATOPAR UN ESPAZO PARA TODO TIPO DE CINEMA”
Carlos Marqués-Marcet © Oscar Fernandez Orengo Carlos Marqués-Marcet (Barcelona, 1983) acaba de presentar a súa última longametraxe, Els dies que vindran, na Competición Oficial do Festival de Cine de Róterdam (podes ler a nosa crónica completa aquí). Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra, Marqués-Marcet cursou un máster en dirección cinematográfica en Los Angeles e traballou durante anos como montador de cine e televisión. A súa ópera... Ler máis
NOTAS SOBRE OS RETRATOS DE FRIEDL VOM GRÖLLER
Erwin, Toni, Ilse (1968-1969) Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nada máis comezar a súa sesión «Cine e Conferencia», encadrada dentro das actividades didácticas do (S8) Mostra de Cinema Periférico, a fotógrafa e cineasta Friedl vom Gröller xa nos advertía que o seu maior interese atópase no rostro. Comezou mostrando algúns dos seus primeiros traballos tanto fotográficos coma fílmicos que deron conta... Ler máis
DISIDENCIA: CARA UN NOVO CINEMA POLITICO
Ici et alleurs (Jean-Luc Godard, 1976) “Hoxe semella máis sinxelo imaxinar o final do mundo que ofrecer unha alternativa á orde dominante. Non temos un contraplano”. Arredor desta reflexión dispárase o ensaio Figures of Dissent: Cinema of Politics / Politics of Cinema de Stoffel Debuysere, que vén de ser publicado nun elegante formato de tapas brancas que se vai manchando de a pouco segundo se avanza na súa lectura. En forma de seis cartas a diferentes cineastas, artistas... Ler máis
Jonathan Rosenbaum: “Os cinéfilos somos coma un club secreto” (2/2)
Continúa de aquí. Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand Tras este paréntese no cinema mudo, que a moitos nos descolocou un pouco, Rosenbaum usou nos días próximos a identidade como fío condutor, iendo do Thompson máis íntimo á plasmación da comunidade que existe no cinema de Charles Burnett. Detívose na terceira xornada en Hou Hsiao-Hsien e Françoise Romand, dous autores que son como a noite e o día, pero que nas súas películas The Son’s Big Doll (incluída... Ler máis
Jonathan Rosenbaum: “O bo cinema ensínache como vivir” (1/2)
“A filmoteca está xusto ao final desta rúa, verdade?” Así é. O meu acompañante oriéntase ben. Saímos do Museo Reina Sofía e parámonos nunha terraza na rúa de Santa Isabel. Aínda que fai 11 anos que non visita Madrid, sitúa perfectamente os principais museos e institucións do centro da capital. “Adoitaba ficar por esta zona, por iso a coñezo; Carlos Heredero convidoume antes de fundar Caimán. Cuadernos de Cine e foi un gran guía. A miña intención... Ler máis
E O CINEMA NO 20-D? OS PARTIDOS RESPONDEN
Ante as eleccións do 20-D, non queriamos perder a oportunidade de poñer a conversar os partidos sobre un tema que, loxicamente, nos parece esencial, e moi habitualmente queda fóra dos debates dos candidatos: o cinema. Se xa habitualmente nos custa coordinar os nosos habituais debates online, facelo cun bo feixe de partidos políticos, en plena campaña electoral, era absolutamente imposible. Nesta ocasión, decidimos polo tanto enviarlles a todos o mesmo cuestionario, para... Ler máis
AS POLÍTICAS AUDIOVISUAIS ANTE O 20-D: UN DEBATE DENDE GALICIA
Ante a cita do 20-D coas urnas nas eleccións xerais, a Academia Galega do Audiovisual quixo coñecer de primeira man as propostas que, en materia de política audiovisual, presentan as principais formacións políticas. Para iso organizou unha mesa redonda na que participaron catro dos candidatos ó parlamento español por Galicia: Juan de Dios, polo Partido Popular, Ricardo García Mira, polo PSdeG-PSOE, Isabel Risco, como representante de Nós-Candidatura Galega e Ángela Rodríguez... Ler máis