CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS

Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do período clásico, e que funcionaría en base a unha serie de conceptos pre-codificados. O segundo... Ler máis

UNA MUJER EN ÁFRICA, de Claire Denis

ESTA TERRA É MIÑA ·  Nun dos momentos máis belos de White Material, Maria (Isabelle Huppert), empequenecida e ataviada cun estival vestido rosa, queda soa nun campo; coa mirada ladeada a un infinito que semella non atopar. Detrás dela contemplamos un camiño de terra, áspero, que se alonga varios metros cara adiante. O camiño está resgardado por altos arbustos verdes e algunha que outra árbore que dan conta do salvaxe do lugar. Parece como se Maria tivese quedado atafegada,... Ler máis

MUTACIÓNS DO CINEMA POSMODERNO

O último e extenso libro de Gerard Imbert podería ser visto como unha continuación de Postelevisión, pero desta volta o seu traballo ensaístico incide sobre os imaxinarios sociais presentes no cine posmoderno. Uns imaxinarios colectivos que Imbert define “como representacións flotantes, máis ou menos conscientes, que inflúen na nosa comprensión da realidade e afectan a formación da identidade social”. O cine para Imbert é un fiable indicador social e os imaxinarios... Ler máis

LE PÈRE DE MES ENFANTS, de Mia Hansen-Løve

ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA ·  Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve -que coincidindo coa saída deste primeiro número de A Cuarta Parede celebra o seu trinta aniversario- conta xa con dúas longametraxes no seu haber como directora: Tout est pardonné (2007), premio Louis Delluc,... Ler máis