CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS
Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do período clásico, e que funcionaría en base a unha serie de conceptos pre-codificados. O segundo... Ler máis
UNA MUJER EN ÁFRICA, de Claire Denis
ESTA TERRA É MIÑA · Nun dos momentos máis belos de White Material, Maria (Isabelle Huppert), empequenecida e ataviada cun estival vestido rosa, queda soa nun campo; coa mirada ladeada a un infinito que semella non atopar. Detrás dela contemplamos un camiño de terra, áspero, que se alonga varios metros cara adiante. O camiño está resgardado por altos arbustos verdes e algunha que outra árbore que dan conta do salvaxe do lugar. Parece como se Maria tivese quedado atafegada,... Ler máis