MELANCHOLIA, de Lars von Trier
ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ‘boutades’, ruído de fondo anecdótico que non pode enmascarar unha realidade, que non é outra que estamos, probablemente,... Ler máis
PHANTOM LOVE, de Nina Menkes
EL BLANCO Y EL NEGRO · Calquera estratexia revolucionaria debe desafia-la representación da realidade; non é suficiente debater sobre a opresión da muller no texto fílmico; a linguaxe cinematográfica/ a representación da realidade tamén se debe cuestionar, para conseguir a distinción entre a ideoloxía e o texto. JOHNSTON, Claire: Women’s Cinema as Counter-Cinema, 1975. Phantom Love comeza cunha elegante escena de sexo de case tres minutos e medio de duración,... Ler máis