SANGUE DO MEU SANGUE, de João Canijo

IDENTIFICACIÓN DUN FILME INTRO. João Canijo é un dos cineastas máis importantes da actual xeración do cinema portugués, á par de autores como Pedro Costa, Teresa Villaverde ou João Pedro Rodrigues. Os seus primeiros filmes datan da década dos 80 (Três Menos Eu, 1987; “Filha da Mãe”, 1989) e representaran, neses tempos, unha sinal dunha renovación xeracional do cinema... Ler máis

MELANCHOLIA, de Lars von Trier

Melancholia, de Lars von Trier

ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ‘boutades’, ruído de fondo... Ler máis

DRIVE, de Nicolas Winding Refn

O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos... Ler máis

PELA DEL ÁLAMO: “SEMPRE EMPEZO A CASA POLO TELLADO”

  Pela del Álamo (Madrid, 1979) cheira historias na súa contorna próxima, absórbeas e devólveas convertidas en relato cinematográfico, nun proceso no que sempre deixa algo de si mesmo. En distintos labores, participou nas rodaxes de películas como Galatasaray-Depor, de Hannes Stohr, ou Somne de Isidro Ortiz. A súa primeira experiencia como director chegou en 2004, co documental... Ler máis

Crónica 25 de novembro

Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí,... Ler máis

Crónica 24 de novembro

Esta mañá, unha entrevista a unha hora mala fíxome perder as sesións de antes da comida. Porén, non podo dicir que non gozara co tolo de Michael Glawogger contándome, entre risas nerviosas, as súas peculiares travesías transnacionais. Se engadimos que Faust e Walk Away Renée son dous peliculóns, podemos falar doutro aproveitado día neste FIC Xixón, que conta nesta edición... Ler máis

Crónica 23 de novembro

Como se poden escribir e dirixir tres marabillosos filmes antes dos 30, e ademais ser intelixente e encantadora? Un minuto de conversa con Mia Hansen-Løve, que irradia unha enerxía e confianza inusitadas, logo de visionar Un amour de jeunesse, a súa última e excelente película, xa me alegran o día, aínda que esta estupenda experiencia vaia seguida de bodrios insoportables.... Ler máis

Crónica 22 de novembro

“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas... Ler máis

Crónica 21 de novembro

Rápido. Rápido. Máis rápido. Son as palabras que se len na parede dunha piscina municipal, colocadas sobre as rúas, nunha das escenas centrais de Iceberg, do español Gabriel Velázquez, coa que vou espertando nesta miña segunda mañá no FIC Xixón. Son verbas que poderían aplicarse á secuencia inicial: a sombra dun coche que acelera por unha estrada ata saír de plano... Ler máis

Crónica 20 de novembro

Seis horas de autobús por carreteiras que semellan montañas rusas resultan demasiado para o meu estómago. Nin que Xixón fosen os Cárpatos. Eu, como bo cinéfilo, fun sempre máis de tren. Está a piques de comezar a sesión de Dark Horse, de Todd Solondz, no Teatro Jovellanos, e apuro os minutos para ver na pantalla dun bar como marcha o resultado das eleccións. Co 83% escrutado,... Ler máis