ARRIVAL, de Denis Villeneuve
Despois de ducias de blockbusters protagonizados por policías, avogados ou médicos, profesións en teoría moito máis cinemáticas, chega a rara ocasión en que o colectivo que capitanea un dos filmes da tempada hollywoodiense é o de tradutores e filológos. Máis aló do moito que se viralizou no Galitwitter a secuencia da orixe do portugués, a priori calquera espectador con mínimas nocións de lingüística gozará cunha película cuxa premisa mestura a hipótese de Sapir-Whorf... Ler máis
INHERENT VICE, de Paul Thomas Anderson
Hai dous realizadores anglosaxóns na actualidade que coas súas filmografías oscilantes entre o alternativo e o mainstream, pero definitivamente de autor, pugnan por ser dignos herdeiros de Stanley Kubrick (unha das súas principais influencias recoñecidas). Un deles sería Christopher Nolan, que toma do mestre o seu gusto polos high concepts, que desenvolve en complicados filmes-crebacabezas, e un estilo visual moi cinético e dependente da montaxe. O outro sería Paul Thomas... Ler máis
DRIVE, de Nicolas Winding Refn
O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos como acepta un novo encargo. “E non poderás volver localizarme neste teléfono”, espeta ao seu... Ler máis