INHERENT LEBOWSKI

Chego a casa, medio bébedo, medio canso, e aínda así sinto a necesidade de adicarche unhas palabras. Sen saber a que conclusión chegar, déixome guiar por unha escritura automática na que só a realidade saía a relocer, faltas ortográficas incluídas. Sobre o papel a caligrafía xoga coa borracheira mentres describo os teus peitos preciosos, curvos e firmes. Como intentando perfilar o teu corpo no caderno, a miña man xoga co bolígrafo e pinta varias liñas nun xeroglífico... Ler máis

INHERENT VICE, de Paul Thomas Anderson

Hai dous realizadores anglosaxóns na actualidade que coas súas filmografías oscilantes entre o alternativo e o mainstream, pero definitivamente de autor, pugnan por ser dignos herdeiros de Stanley Kubrick (unha das súas principais influencias recoñecidas). Un deles sería Christopher Nolan, que toma do mestre o seu gusto polos high concepts, que desenvolve en complicados filmes-crebacabezas, e un estilo visual moi cinético e dependente da montaxe. O outro sería Paul Thomas... Ler máis