INHERENT LEBOWSKI

Chego a casa, medio bébedo, medio canso, e aínda así sinto a necesidade de adicarche unhas palabras. Sen saber a que conclusión chegar, déixome guiar por unha escritura automática na que só a realidade saía a relocer, faltas ortográficas incluídas. Sobre o papel a caligrafía xoga coa borracheira mentres describo os teus peitos preciosos, curvos e firmes. Como intentando perfilar o teu corpo no caderno, a miña man xoga co bolígrafo e pinta varias liñas nun xeroglífico... Ler máis

Variacións para xéneros e iconas. O cinema dos irmáns Coen

Tom Reagan, o conselleiro mafioso de Miller’s Crossing (Joen e Ethan Coen, 1990), ten unha clara relación de dependencia co seu sombreiro: precisa del para tomar as súas decisións, e perde o control cando perde o sombreiro. ¿O sombreiro é a súa conciencia? O sombreiro é unha icona, un dos atributos que mellor definían aos anti-heroes do cinema negro, de Humphrey Bogart a Alain Delon: o seu xeito de levar sombreiro é o que explica visualmente o carácter dos seus personaxes.... Ler máis