PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’

Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

INHERENT LEBOWSKI

Chego a casa, medio bébedo, medio canso, e aínda así sinto a necesidade de adicarche unhas palabras. Sen saber a que conclusión chegar, déixome guiar por unha escritura automática na que só a realidade saía a relocer, faltas ortográficas incluídas. Sobre o papel a caligrafía xoga coa borracheira mentres describo os teus peitos preciosos, curvos e firmes. Como intentando perfilar o teu corpo no caderno, a miña man xoga co bolígrafo e pinta varias liñas nun xeroglífico... Ler máis

PELA DEL ÁLAMO: “SEMPRE EMPEZO A CASA POLO TELLADO”

  Pela del Álamo (Madrid, 1979) cheira historias na súa contorna próxima, absórbeas e devólveas convertidas en relato cinematográfico, nun proceso no que sempre deixa algo de si mesmo. En distintos labores, participou nas rodaxes de películas como Galatasaray-Depor, de Hannes Stohr, ou Somne de Isidro Ortiz. A súa primeira experiencia como director chegou en 2004, co documental A cuarta pista, sobre o fenómeno do Novo Circo. En 2007 comezou o longo proceso de produción... Ler máis