PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’

Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis

PLAY-DOC 2018: UN ANO BIPOLAR

A decisión do xurado de distinguir, ex aequo, os filmes The Waldheim Waltz (Ruth Beckermann, 2018) e Lamaland (Teil I) (Pablo Sigg, 2018) espertou máis dun comentario retranqueiro entre o público que seguía, copa en man, a solemne entrega de premios da última edición de Play-Doc. Houbo quen opinou que, postos a repartir, ben podía ser un premio ex aequo entre os cinco filmes a concurso. Tamén houbo quen fantaseou coa posibilidade de que os gañadores partisen a pedra... Ler máis

DOC LISBOA 2017: DESCOLONIZAR A NOSA OLLADA

Nunca chegamos a ningures ceibes de prexuízos: temos a mente colonizada por discursos alleos, impostos, que damos por supostos. Non sabemos ren, mais temos opinións para todo. De onde xurdiron? Cómpre desconfiar desas ideas: conta máis inmediatas, máis sospeitosas. Mellor a dúbida que a certeza, a curiosidade que a seguridade, como ben sabe a equipa de programación do Doc Lisboa, encabezada polos seus directores Cintia Gil e Davide Oberto. Por iso, a competición internacional... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS

O retrato familiar foi un dos xéneros máis presentes na sección oficial desta última edición do festival navarro. The Host (Miranda Pennell, 2015), Gran Premio Punto de Vista deste ano, fala, sen ir máis lonxe, da explotación británica do petróleo iraniano a partir da experiencia persoal da súa directora, que viviu parte da súa infancia no Irán dos anos cincuenta e sesenta como filla dun alto executivo da compañía British Petroleum (BP). O filme, composto case exclusivamente... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES

Segunda parte dunha crónica que comeza aquí A pegada do pasado no presente do territorio, ou a forma na que o presente convive coa acumulación de pasados, sobre todo cando estes foron traumáticos, estaba na orixe de varios filmes presentados na competición internacional, como Ismyrne (Joana Hadjithomas & Khalil Joreige, 2016), Atlante 1783 (Maria Giovanna Cicciari, 2016), The Sea is History (Louis Henderson, 2016) ou Mata Atlântica (Nicolas Klotz & Elisabeth Perceval,... Ler máis

PEPE EL ANDALUZ, de Alejandro Alvarado e Concha Barquero

O arquivista Rick Prelinger queixábase hai uns anos no seu blog Black Oystercatcher da submisión da maioría de documentários históricos ao enfoque imposto polo modo performativo, onde calquera acontecemento debe abordarse sempre dende a perspectiva dalgún personaxe en concreto, establecendo un arco narrativo baseado na resolución dalgún problema: “O que está a ocorrer”, escribe Prelinger, “é que o cinema está a ser empregado para construír historias que enfatizan... Ler máis

PdV 2013: SOSPEITOSOS HABITUAIS

En menos dunha década, Punto de Vista soubo crear unha liña de programación na que xa se van recoñecendo varios ‘cineastas na casa’: entre os sospeitosos habituais deste ano, algúns competían na sección oficial (Jem Cohen, Kevin J. Everson, Sylvain George, Laila Pakalnina), outros pasaron polas seccións paralelas (Alan Berliner, Thom Andersen, Ben Russell & Ben Rivers) e mesmo houbo un que volveu como xurado (JP Sniadecki). Ademais, o festival coida con... Ler máis